PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2020 – Lista provisional admitidos/excluidos alumnos-traballadores O.D.E. “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”

DECEMBRO 2020 – Lista provisional admitidos/excluidos alumnos-traballadores O.D.E. “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”

Lista provisional de Alumnos-traballadores admitidos/as e excluidos/as do obradoiro dual de emprego “ CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”
Vista a Resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se concedeu unha subvención a este Concello, o amparo da Orde de 27.12.20219 (DOG 22.01.2020), para a realización dun obradoiro dual de emprego denominado “Cambados Ruta Xacobea Camiño de Santiago”
Vista a Resolución da Alcaldía do 30.11.2020 pola que se aprobaron as Bases da convocatoria para a selección dos Alumnos-traballadores para as dúas especialidades formativas.
Vista a relación de candidatos preseleccionados e remitidos pola Oficina de Emprego de Cambados. De acordo co previsto nas Bases e a convocatoria para a selección de 20 alumnos-traballadores para participar no Obradoiro dual de Emprego “Cambados Ruta Xacobea Camiño de Santiago”, para as seguintes especialidades:
10 prazas na especialidade de XARDINERÍA – FORESTAL .AGA O0108/AGAR0309. Nivel 1
10 prazas na especialidade de ALBANELERÍA . E OCB 01 09/E OCB 02 08. Nivel 1
Vista a relación de candidatos preseleccionados e remitidos pola Oficina de Emprego de Cambados para participar no proceso de selección das referidas prazas.
Visto que transcorrido o prazo de presentación de solicitudes en cumprimento do disposto na base sexta das bases de selección e convocatoria.
RESOLVO:
1.Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para os 10 postos de Alumno/a-Traballador-a do módulo de XARDINERIA-FORESTAL
2. Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para os 10 postos de Alumno/a-Traballador-a do módulo de ALBANELERIA