PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2020 – BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES E EQUIPO TECNICO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”

DECEMBRO 2020 – BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DOS ALUMNOS-TRABALLADORES E EQUIPO TECNICO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 10º e 11º da orde do 27 de decembro de 2019 da Consellería de Economía , Emprego e Industria pola que se establece nas bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros  duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG 22 – 01 – 2020) , a determinación do sistema, procedemento, requisitos e baremos que se aplicarán no proceso de selección dos alumnos-traballadores participantes no citado proxecto, promovido polo concello de CAMBADOS subvencionado pola antedita consellería , baixo o nome de “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”

As prazas de alumnado-traballador que se convocan son:

  • 10 prazas na especialidade de XARDINERÍA- FORESTAL .AGAO0108/AGAR0309. Nivel 1
  • 10 prazas na especialidade de ALBANELERÍA . EOCB0109/EOCB0208. Nivel 1

AS PRAZAS que se convocan para o Equipo Técnico son as seguintes:

  • Director/a Xornada completa
  • Titor/a,a Xornada: completa
  • Persoal Administrativo a xornada completa
  • Experto/a docente en XARDIÑERIA- FORESTAL.AGAO0108/AGAR0309. Nivel 1
  • Experto/a docente en ALBANELERIA . EOCB0109/EOCB0208. Nivel 1

 BASES ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”

 BASES EQUIPO TECNICO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS RUTA XACOBEA CAMIÑO DE SANTIAGO”