PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2020 – APROBACIÓN INICIAL DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 2020/MOD/037 SUPLEMENTO DE CRÉDITO

DECEMBRO 2020 – APROBACIÓN INICIAL DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 2020/MOD/037 SUPLEMENTO DE CRÉDITO

Presupostos e cadros de persoal

APROBACIÓN INICIAL DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 2020/MOD/037 SUPLEMENTO DE CRÉDITO

N. Expediente

4820/2020

Asunto

MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 2020/MOD/037 SUPLEMENTO DE CRÉDITO

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA

O Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de novembro de 2020, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación orzamentaria n.º 2020/MOD/037 baixo a modalidade de suplemento de crédito financiado co remanente de tesourería para gastos xerais por importe de 86.134,65 €, sendo este crédito inmediatamente executivo en aplicación do disposto no artigo 177.6 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

De acordo co establecido nos artigos 169.1 e 177.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente administrativo a exposición pública polo período de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinalo e interpor perante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas.

A modificación orzamentaria considerarase definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se presentaran reclamacións en contra da mesma.

Documento asinado electronicamente.