PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2020 – APROBACIÓN DEFINITIVA ORDENANZA REGULADORA DA GARDERÍA INFANTIL

DECEMBRO 2020 – APROBACIÓN DEFINITIVA ORDENANZA REGULADORA DA GARDERÍA INFANTIL

APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ASISTENCIAS E ESTANCIAS NA GARDERÍA INFANTIL MUNICIPAL DE CAMBADOS E LUDOTECA NOS MESES DE VERÁN.

(Exp: 4087/2020)

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 200, de data 16 de outubro de 2020, referente ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 8 de outubro de 2020, sobre modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por asistencias e estancias na gardería infantil municipal de Cambados e ludoteca nos meses de verán, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“Artigo 6.- Beneficios fiscais.

Só se admitirán os beneficios fiscais que veñan establecidos en normas con rango de Lei, ou deriven de tratados ou acordos internacionais, sen prexuízo da aplicación das reducións que se contemplan na Tarifa anexa.

Será de aplicación a bonificación prevista na disposición adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, relativa a actuacións para conseguir a gratuidade da atención educativa nas escolas infantís de 0-3 anos para segundos/as fillos/as e sucesivos/as.

Asemade, entenderase por unidade familiar a formada pola/ s persoa/ s proxenitora/ s, ou a persoa proxenitora e o/a cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade, e:

1º. As fillas e os fillos menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de maneira independente.

2º. As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

3º. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.

4º. As menores e os menores en situación de garda con fins adoptivos ou en situación de acollemento familiar por tempo superior a un ano”.

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o día seguinte da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.