PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2020 – SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020 SERVIZOS SOCIAIS

NOVEMBRO 2020 – SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020 SERVIZOS SOCIAIS

ANUNCIO

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de 25 de novembro de 2020 adoptouse a seguinte resolución (en extracto),

PRIMEIRO.- Conceder as subvencións correspondentes á “Convocatoria de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o ano 2020 – Transferencias a entidades benéfico-asistenciais”, ás solicitudes que figuran a continuación, polo importe que se indica, con cargo á aplicación orzamentaria 2310.48900:

ENTIDADE IMPORTE
ASOC.ESPAÑOLA LUCHA CONTRA EL CÁNCER 4.000 €
ALCER 1.000 €
ASPAIS 1.500 €
ASOC.PARKIRSON PONTEVEDRA 2.500 €
DOWN-XUNTOS PONTEVEDRA 1.200 €
AME 1.000 €
Asoc.LAR PROSAUDE MENTAL 3.000 €
ASOC.BANCO ALIMENTOS RÍAS BAIXAS 2.800 €
CÁRITAS PARROQUIAL 1.900 €
FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA 2.000 €
ASOC.TDAH SALNÉS 700 €
AFASAL 1.215 €
TOTAL 22.815 €

SEGUNDO. Desestimar a solicitude de concesión de subvención formulada pola entidade que figura a continuación, polos motivos que así mesmo se indican, de acordo co Informe-Porposta emitido polo departamento de Servizos Sociais con data 16/11/2020:
A Asociación ESMAR- Maltrato cero, non se axusta as bases da convocatoria, polo que queda excluída do proceso.
Non se aporta certificación expedida pola secretaría xeral de inscrición no Rexistro municipal de asociacións ou acreditación de que se desenvolven as súas actividades dentro do termo municipal e número concreto de persoas empadroadas no Concello que se beneficiaron da actividade.

TERCEIRO.- Ampliar o prazo de xustificación das subvencións concedidas, fixado na cláusula 8 da convocatoria, ata o día 15 de decembro (inclusive). As entidades beneficiarias deberán presentar a xustificación da subvención concedida segundo o contido e forma disposto nas bases da convocatoria, entendéndose en caso contrario que desiste da súa petición.

CUARTO.- Publicar o presente Acordo de concesión das subvencións no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados aloxado na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015,
do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.”

De acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a súa publicación, nos termos recollidos na lexislación vixente.
Non se poderá interponer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou non se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

ANUNCIO CONCESIÓN SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020 – ÁREA SERVIZOS SOCIAIS