ANUNCIO
Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de 25 de novembro de 2020 adoptouse a seguinte resolución (en extracto),
“PRIMEIRO.- Conceder as subvencións correspondentes á “Convocatoria de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o ano 2020 – Transferencias a entidades deportivas”, ás solicitudes que figuran a continuación (15), non habendo ningunha denegada, polo importe que se indica e con cargo á aplicación orzamentaria 3410.48900:
ENTIDADE IMPORTE
CLUB JUVENTUD DE CAMBADOS 16.850 €
CLUB XUVENTUDE BALONCESTO 14.900 €
CLUB CAMBADOS TENIS DE MESA 11.400 €
CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS 8.700 €
CLUB ATLETISMO CAMBADOS 7.500 €
CLUB VOLEIBOL XAV CAMBADOS 4.200 €
CLUB DE TENIS CAMBADOS 2.600 €
ASOCIACIÓN DEPORTIVA GRAND JETE 1.100 €
CLUBE MARIÑO SALNÉS 1.100 €
CLUB DE AJEDREZ ALBARIÑO 850 €
CLUB DE PESCA AS JORITAS 800 €
CLUB CAMBADOS GAÉLICO 800 €
ESCOLA DEPORTIVA A MERCED 400 €
CLUB ALBARIÑO VETERANOS 400 €
ASOCIACIÓN CULTURAL VELA TRADICIONAL 400 €
TOTAL 72.000 €
SEGUNDO. Ampliar o prazo de xustificación das subvencións concedidas, fixado na cláusula 8 da convocatoria, ata o día 15 de decembro (inclusive). As entidades beneficiarias deberán presentar a xustificación da subvención concedida segundo o contido e forma disposto nas bases da convocatoria, entendéndose en caso contrario que desiste da súa petición.
TERCEIRO.- Publicar o presente Acordo de concesión das subvencións no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados aloxado na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.”
De acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a súa publicación, nos termos recollidos na lexislación vixente.
Non se poderá interponer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou non se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
ANUNCIO CONCESIÓN SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020 – ÁREA DEPORTES