PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2020 – SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020 CULTURA

NOVEMBRO 2020 – SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020 CULTURA

ANUNCIO

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de 25 de novembro de 2020 adoptouse a seguinte resolución (en extracto),

PRIMEIRO.- Conceder as subvencións correspondentes á “Convocatoria de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o ano 2020” correspondentes á área de cultura, ás solicitudes que figuran a continuación (17), de acordo co seguinte detalle:

Transferencias para actividades complementarias de educación. Total beneficiarios: 7. Total importe : 4.553,89 €
ANPA “ARCO DE FEFIÑANS” 650,00 €
ANPA “SANTA MARIÑA DOZO” 595,00 €
ANPA “O ESTANQUE” CORVILLON 880,00 €
ANPA “CON DE SETE PIAS” 378,89 €
ANPA “A PASTORA” 500,00 €
ANPA “OS OLMOS” (SAN TOME) 550,00 €
ANPA “O CASTRO” CASTRELO 1.000,00 €

Transferencias para Festas populares. Total beneficiarios: 1. Total importe : 600,00 €
ASOC. FESTAS PATRONAIS DE CORVILLON 600,00 €

Transferencias a entidades culturais. Total beneficiarios: 8. Total importe : 10.995,83 €
ASOC. CULT. E MUSICAL “MANUEL PADIN SOTELO” 660,00 €
ASOC. CULT.”BANDA DE MUSICA DE CASTRELO” 990,00 €
ASOC. CULTURAL “CON DE XIDO” 1.500,00 €
ASOC. OBRADOIRO VOLANDEIRA 1.500,00 €
ASOC. CULTURAL CORVILLÓN – XIRONSA 3.200,00 €
ASOC. CULTURAL AMIGOS DE FEFIÑÁNS 464,00 €
ASOC. CEN FOLLAS 1.600,00 €
ASOC. CULTURAL “O BATUQUEIRO” 1.081,83 €

Transferencias ocio e tempo libre. Total beneficiarios: 1. Total importe : 600,00 €
ASOC. TEATRO CIA CARACOL 600,00 €

SEGUNDO. Desestimar a solicitude de concesión de subvención formulada pola entidade que figura a continuación, polos motivos que así mesmo se indican, de acordo co Informe-Porposta emitido polo departamento de Cultura con data 24/11/2020:
– ASOCIACIÓN CULTURAL COMISIÓN DE FESTAS VIRXEN DE LOURDES DE CORVILLÓN: Solicitude presentada fóra de prazo.

TERCEIRO.- Ampliar o prazo de xustificación das subvencións concedidas, fixado na cláusula 8 da convocatoria, ata o día 15 de decembro (inclusive). As entidades beneficiarias deberán presentar a xustificación da subvención concedida segundo o contido e forma disposto nas bases da convocatoria, entendéndose en caso contrario que desiste da súa petición.

CUARTO.- Publicar o presente Acordo de concesión das subvencións no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados aloxado na sede electrónica municipal  (https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.”

De acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a súa publicación, nos termos recollidos na lexislación vixente.
Non se poderá interponer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou non se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

ANUNCIO CONCESIÓN SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020 – ÁREA CULTURA