ANUNCIO
Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de 25 de novembro de 2020 resolveuse ampliar o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da “Convocatoria de subvencións municipais a entidades sen fins de lucro para o ano 2020” , fixado na cláusula 8 da convocatoria, ata o día 15 de decembro (inclusive).
As entidades beneficiarias deberán presentar a xustificación da subvención concedida segundo o contido e forma disposto nas bases da convocatoria, entendéndose en caso contrario que desisten da súa petición.
ANUNCIO AMPLIACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓNS ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO 2020