PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2020 – BANDO DE MEDIDAS CONTRA A GRIPE AVIAR

NOVEMBRO 2020 – BANDO DE MEDIDAS CONTRA A GRIPE AVIAR

Fátima Abal Roma, como Alcaldesa-Presidenta do Concello de Cambados, en base ás atribucións que me confire o artigo 21.1.e) da Ley 7/1985, del 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local, en relación co disposto no artigo 4.1.a) do mesmo texto normativo, que establece a posibilidade de intervir a actividade dos ciudadanos por parte dos Concellos, é polo que a través do presente BANDO.

FAGO SABER:

Nos últimos meses se detectaron casos de Influenza Aviaria (Gripe aviar) de Alta Patoxeneidade en aves silvestres e aves de curral producidos por un tipo de virus que afecta tanto as aves como aos polos. Dado que o Concello de Cambados atópase dentro da Zona de Especial Risco (ZER) de aparición da Influencia Aviaria se dan a coñecer as seguintes medidas de protección a aplicar entre a cidadanía que críe ou manteña aves de curral de tipo industrial e/ou familiar.

Primeira. Queda prohibida a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves cativas en centros de concentración de animais (certames gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais, así como calquera concentración de aves de curral e cautivas).

Segunda. Queda prohibida a cría de aves de curral ao aire libre.

Terceira. Queda prohibida a cría de parrulos e gansos con outras especies de aves de curral.

Cuarta. Queda prohibida dar auga ás aves de curral procedente de depósitos de auga aso que podan acceder aves silvestres e en calquera caso, os depósitos de auga situados no exterior por motivos de benestar animal para determinadas aves de curral, quedarán protexidos suficientemente contras as aves acuáticas silvestres.

Quinta. Queda prohibida a utilización de paxaros da ordes Anseriformes e Charadriiformes como reclamo.

O que se difunde para o coñecemento xeral da veciñanza,Cambados 20 de novembro de 2020

A Alcaldesa-Presidenta do Concello de Cambados