PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2020 – FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA CAPA DE RODADURA DO VIAL DE ACCESO ÁS DEPURADORAS POLA COSTA

NOVEMBRO 2020 – FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DA CAPA DE RODADURA DO VIAL DE ACCESO ÁS DEPURADORAS POLA COSTA

Pola empresa “NEMESIO ORDOÑEZ, S.A.”, finalizáronse recentemente as obras de “MELLORA DA CAPA DE RODADURA DO VIAL DE ACCESO ÁS DEPURADORAS POLA COSTA”, financiadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2018-2019. Anualidade 2018).

O contrato foi adxudicado polo prezo e execución de mellora seguintes:

 

Empresa

Prezo s/IVE

IVE

Prezo

Ive engadido

Baixa

Execución mellora

NEMESIO ORDOÑEZ, S.A.

55.922,48

11.743,72

67.666,20

30.642,97

Si (*)

(* Descrición da mellora) Aportación de filler de cemento na partida de aglomerado asfáltico para mellorar a estabilidade do pavimento dada a situación tan próxima ao mar e a circulación de vehículos pesados.

Aportación de filler de cemento de 2% en peso sobre Tm de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 SURF 50/70 d (D-12).

 

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e na Base 15 das Reguladoras da convocatoria do Plan Concellos 2018-2019.

En Cambados, 19 de novembro de 2020.