PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2020 – LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS, TRIBUNAL CUALIFICADOR, DATA CONSTITUCIÓN E INICIO PROCESO SELECTIVO VACANTES OEP 2017

NOVEMBRO 2020 – LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS, TRIBUNAL CUALIFICADOR, DATA CONSTITUCIÓN E INICIO PROCESO SELECTIVO VACANTES OEP 2017

Expediente 2508/2020

Vistas as Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna das diferentes vacantes contidas na OEP de 2017.

Visto que mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 31.12.2017 (BOP nº 13 de 18.01.2018) aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2017.

Visto o acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 19 de decembro de 2019, pola que se aprobaron as Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna de diferentes vacantes contidas na OEP de 2017.

Visto a Resolución da Alcaldía do 20.12.2019 pola que se convocan procesos selectivos e se da publicidade ás Bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en quenda de promoción interna das diferentes vacantes contidas na OEP de 2017 publicada no BOP n.º 15 de 23.01.2020.

Visto que se publicou extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 58 do 24 de marzo de 2020 e anuncio no Boletín Oficial do Estado nº 165 de 12.06.2020.

Visto que mediante Resolución da Alcaldía do 04.08.2020 aprobouse a lista provisional de admitidos e excluídos sen que se presentase alegación a este respecto.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes en cumprimento do disposto na base sétima do proceso selectivo,

RESOLVO

1. Aprobar a lista definitiva de admitidos e excluídos dos procesos selectivos:

a) ENCARGADO/A DE OBRAS E SERVIZOS

NÚMERO

APELIDOS E NOME

DNI

ESTADO

1

CONSTANTINO GARCÍA, AUGUSTO

*6*6*6*1*

Admitido

b) OFICIAL DE XARDINERÍA

NÚMERO

APELIDOS E NOME

DNI

ESTADO

1

CORES VIEITES, SEVERO

3*4*0*2**

Admitido

c) OFICIAL CONDUTOR

NÚMERO

APELIDOS E NOME

DNI

ESTADO

1

CASAL DOMÍNGUEZ, EUSEBIO

*5*6*8*7*

Admitido

2

RODRÍGUEZ CORDAL, JAVIER

7*8*5*8**

Admitido

2. Designar a composición do Tribunal Cualificador que estará integrado polos seguintes membros:

– Presidente Titular: Pelayo Celso Eyo Valladares (Arquitecto Técnico)

– Presidente Suplente: Ana Mª Fole Pintos (Técnico de Intervención e Tesouraría)

– Vocais Titulares:

Juan Manuel Rial Vázquez (Encargado de Obras e Servizos do Concello da Illa de Arousa)

José Antonio Gómez García (Oficial de Obras e Servizos do Concello da Illa de Arousa)

Mercedes Charlín Somoza (Técnico Medio de Xestión)

– Vocais Suplentes:

Luis Mario Vázquez Rubianes (Oficial de Xardinería do Concello de Vilagarcía de Arousa)

Ramón Caldas Ferro (Mestre de Oficios do Concello de Vilagarcía de Arousa)

María José Parada Portas (Técnico Local de Emprego e Persoal)

– Secretario Titular: Miguel Rodríguez de Vicente-Tutor (Secretario Xeral)

– Secretaria Suplente: Mª del Mar Mondragón Treviño (Oficial de Administración)

O Tribunal Cualificador reunirase o vindeiro xoves 19.11.2020 ás 9:30 para a celebración da súa sesión constitutiva e as 10:00 da mesma data para o inicio do proceso selectivo (que se inicia coa fase de concurso).

3. Ordenar a publicación da presente Resolución no BOP, no Taboleiro de Anuncios do Concello ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal) así como no Portal de Transparencia da web municipal (https://cambados.es).

Recursos procedentes.- Contra a precedente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación, ao amparo do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.

Cambados