É vontade desta concellaría dispor de certa flexibilidade para poder modificar os horarios das zonas de carga e descarga no centro urbano de Cambados. Estas modificacións poderán realizarse en espazos concretos do noso municipio ou de maneira xeral durante determinados períodos temporais ao longo do ano.
Cuestións como a protección do patrimonio histórico artístico do noso Concello ou a realización de eventos culturais, deportivos, gastronómicos, etc. xustificarían as modificacións dos horarios das zonas de carga e descarga arriba sinaladas.
Para dotar de seguridade xurídica a esta medida e levala á práctica é polo que se propón a modificación da Ordenanza Municipal de Tráfico do Concello de Cambados de acordo coa seguinte motivación e coa toma en consideración dos seguintes aspectos, previstos polo artigo 133 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas:
- Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
Propiciar unha maior protección do patrimonio histórico artístico do noso municipio.
Permitir a celebración de eventos culturais, deportivos, gastronómicos, etc. en mellores condicións e con maior seguridade.
- Necesidade e oportunidade da súa aprobación
Considérase necesaria a aprobación desta medida a través do Pleno, con competencias en materia de aprobación e modificación de ordenanzas e regulamentos, e máximo órgano da representación popular.
- Obxectivos da norma
Os obxectivos da modificación son, en síntese, os de mellorar a protección do patrimonio histórico artístico e a celebración de eventos con maior seguridade.
Con todo, resulta preciso adaptar os instrumentos normativos dos que conta o Concello (neste caso a Ordenanza Municipal de Circulación) para dotar de seguridade xurídica á medida e permitir a súa difusión xeral a través das canles de publicidade que son de aplicación.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos propostos durante o prazo de dez días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no portal de transparencia que se aloxa na web municipal.
Lugar de Presentación:
a)Rexistro do Concello (En papel ou de forma electrónica a través da sede (https://cambados.sedelectronica.gal/)
b)Calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Cambados
Proposta de modificación ordenanza municipal de tráfico (carga e descarga)