PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2020 – PROPOSTA DE MODIFICACIÓN NORMATIVA PARA O ESTABLECEMENTODO LÍMITE DE VELOCIDADE A 30 KM/H NO CENTRO URBANO DECAMBADOS

NOVEMBRO 2020 – PROPOSTA DE MODIFICACIÓN NORMATIVA PARA O ESTABLECEMENTODO LÍMITE DE VELOCIDADE A 30 KM/H NO CENTRO URBANO DECAMBADOS

É vontade desta concellaría a limitación de velocidade no centro urbano de Cambados rebaixándoo dos 50 km/h aos 30 km/h, posibilidade á que habilita o artigo 50 parágrafo segundo do Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación.

Para dotar de seguridade xurídica a esta medida e levala á práctica é polo que se propón a modificación da Ordenanza Municipal de Tráfico do Concello de Cambados de acordo coa seguinte motivación e coa toma en consideración dos seguintes aspectos, previstos polo artigo 133 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas:

  1. Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa

A principal problemática que pretende solucionar esta iniciativa é a de reducir os accidentes de tráfico e mellorar a seguridade viaria na vila.

De igual forma, considérase que a súa aprobación poderá mellorar considerablemente a calidade de vida no centro urbano, reducindo a contaminación atmosférica e a acústica co ánimo de que mellore o medio ambiente urbano e a convivencia cidadá.

  1. Necesidade e oportunidade da súa aprobación

Considérase necesaria a aprobación desta medida a través do Pleno, con competencias en materia de aprobación e modificación de ordenanzas e regulamentos, e máximo órgano da representación popular.

  1. Obxectivos da norma

Os obxectivos da modificación son, en síntese, os de mellorar a seguridade vial e a calidade do medio ambiente urbano da vila.

  1. Posibles solución alternativas, regulatorias e non regulatorias

Con carácter previo á formalización desta iniciativa levouse a cabo unha campaña de información e concienciación da cidadanía.

Non obstante, resulta preciso adaptar os instrumentos normativos dos que conta o Concello (neste caso a Ordenanza Municipal de Circulación) para dotar de seguridade xurídica á medida e permitir a súa difusión xeral a través das canles de publicidade que son de aplicación.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos propostos durante o prazo de dez días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no portal de transparencia que se aloxa na web municipal.

Lugar de Presentación:

a)Rexistro do Concello (En papel ou de forma electrónica a través da sede (https://cambados.sedelectronica.gal/)

b)Calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Cambados

Proposta de modificación de ordenanza municipal de tráfico (limitación velocidade)