PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2020 – BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E PERSOAL ADMINISTRATIVO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS EMPRENDEDOR II”

OUTUBRO 2020 – BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E PERSOAL ADMINISTRATIVO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS EMPRENDEDOR II”

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E PERSOAL ADMINISTRATIVO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CAMBADOS EMPRENDEDOR II”

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 10º e 12º da Orde do 27 de decembro de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de Programas de Emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ( formación e aprendizaxe ) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG 21-01-2020), a determinación do sistema, procedemento, requisitos e baremos que se aplicarán no proceso de selección dos que serán os candidatos que serán contratados como persoal do citado proxecto, promovido polo concello de CAMBADOS e subvencionado pola antedita consellería, denominado “ CAMBADOS EMPRENDEDOR II”

A DATA LÍMITE DE INICIO do proxecto será o 13 de novembro de 2020.
As prazas que se convocan son:
a) Experto/a docente para impartir a especialidade de DINAMIZACIÓN ACTIVIDADES TEMPO LIBRE/DIRECCIÓN E COORDINACION : SSCB0209/211. Nivel: 2
b) Experto/a docente para impartir a especialidade de LIMPEZA ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS. XESTIÓN DE RESIDUOS . SEAG0209/018/. Nivel: 1
c) Director/Directora
d) Persoal Administrativo
Unha vez iniciado o proxecto, con carácter xeral, procederase á contratación (a tempo parcial) de:
a) Docente de Alfabetización informática.
b) Docente de Sensibilización Ambiental.
c) Docente de Prevención de riscos laborais.
d) Docente de Orientación, información profesional e formación empresarial.
e) Docente de Educación Básica.
f) Docente de Sensibilización en Igualdade de xénero.
Todos os docentes de materias complementarias estarán suxeitos ao disposto nas presentes bases, coas salvidades previstas.

Bases de convocatoria_Bases equipo técnico (Director, docentes e persoal administrativo)