PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2020 – AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA 2020

OUTUBRO 2020 – AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA 2020

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN  ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020

BDNS(Identif.):526471

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/526471)

Primeiro. Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de outubro de 2020 (entendendo por inicio de actividade a alta no I.A.E.). Para o carácter de PEME terase en conta o establecido no Anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión Europea.

Segundo. Obxecto

Axudas económicas destinadas a facilitar, estimular e apoiar a xeración de actividade empresarial, para o ano 2020 Co PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA Á PROMOCIÓN ECONÓMICA no ámbito do Concello de Cambados coa finalidade de colaborar dunha forma activa na Promoción Económica no municipio mediante a concesión de subvencións que promovan o desenvolvemento da actividade empresarial neste municipio.

Terceiro. Bases reguladoras

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Cuarto. Contía da axuda

O importe destas axudas será:

• Contía fixa. 250 € pola creación da actividade empresarial acreditada mediante a alta no Réxime Especial de Autónomos ou equivalente da Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesional, con obriga de permanecer de alta polo menos dous anos no correspondente réxime da Seguridade Social.

• A axuda de 250 € terá carácter individual, polo tanto concederase a cada un dos promotores que acredite terse dado de alta na Seguridade Social, mutualidade ou colexio profesional, como traballador autónomo ou profesional independente.

• Para aquelas empresas na que os seus promotores sexan veciños retornados que volvan a residir ao Concello de Cambados, tras estar empadroado fora de Galicia durante polo menos tres anos sen ter transcorrido máis dun ano dende a súa volta, a a contía da axuda individual incrementarase nun 50%, sobre o importe fixado no primeiro punto, sendo o importe máximo de 375€.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Sexto. Outros datos

As solicitudes de subvención presentaranse segundo os formularios que figuran nas Bases da convocatoria.

BASES PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020

FORMULARIO DE AXUDAS MUNICIPAIS Á PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS 2020

Cambados, 01/10/2020