PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2020 – APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DA GARDERÍA INFANTIL

OUTUBRO 2020 – APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA REGULADORA DA GARDERÍA INFANTIL

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ASISTENCIAS E ESTANCIAS NA GARDERÍA INFANTIL MUNICIPAL DE CAMBADOS E LUDOTECA NOS MESES DE VERÁN

Aprobada inicialmente por acordo do Pleno deste Concello, celebrado o 8 de outubro de 2020, a modificación da Ordenanza municipal reguladora da taxa por asistencias e estancias na gardería infantil municipal de Cambados e ludoteca nos meses de verán, en cumprimento do establecido no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ordénase a publicación de edicto no Boletín Oficial da Provincia, nun dos diarios de maior difusión da provincia, e no taboleiro de anuncios do Concello ós efectos de incoar o trámite de información pública por un prazo de 30 días (TRINTA DÍAS). Dentro do prazo citado os interesados poderán examinar o expediente administrativo e presentar por escrito as reclamacións que estimen oportunas; se no prazo indicado non foran presentadas reclamacións, quedaría elevado a definitivo o acordo antes citado.

O acordo definitivo co texto íntegro da modificación da ordenanza deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2021.