PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2020 – MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE ABASTECEMENTO DE AUGA

OUTUBRO 2020 – MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE ABASTECEMENTO DE AUGA

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL
REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA DO CONCELLO DE CAMBADOS

Aprobada inicialmente por acordo do Pleno ordinario deste Concello, celebrado o 24 de setembro de 2020, a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de distribución de auga, en cumprimento do establecido no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ordénase a publicación de edicto no Boletín Oficial da Provincia, nun dos diarios de maior difusión da provincia, e no taboleiro de anuncios do Concello ós efectos de incoar o trámite de información pública por un prazo de 30 días (TRINTA DÍAS). Dentro do prazo citado os interesados poderán examinar o expediente administrativo e presentar por escrito as reclamacións que estimen oportunas; se no prazo indicado non foran presentadas reclamacións, quedaría elevado a definitivo o acordo antes citado.

O acordo definitivo co texto íntegro da modificación da ordenanza deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2021.

Proposta modificación ordenanza taxa servizo AUGA setembro 2020