PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2020 – Resolución modificación tribunal cualificador lista de reserva operario de servizos

SETEMBRO 2020 – Resolución modificación tribunal cualificador lista de reserva operario de servizos

Resolución da Alcaldía
Expediente 1882/2020
De acordo coas Bases e a convocatoria da selección de prazas de operario de servizos, mediante lista de reserva.
Vista a Resolución da Alcaldía do 04.06.2020 pola que se aprobaron as Bases para a configuración dunha lista de reserva para a selección de prazas da escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; persoal de oficios; agrupacións profesionais; praza de operario servizos.
Vista a Resolución de 04.08.2020 pola que se aprobou a lista provisional de admitidos e excluídos e pola que se designou o Tribunal Cualificador.
Visto que resulta preciso substituír a vogal do Tribunal Cualificador, Dª María Parada Portas, en situación de permiso nestas datas e resulta preciso designar novO/A vogal para continuar co procedemento,
RESOLVO:
1.Designar a Dª Ana Mª Fole Pintos, técnico de intervención e tesouraría deste Concello, como vogal do Tribunal Cualificador da selección de prazas de operario de
servizos, mediante lista de reserva.
2.Facer pública a presente Resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello.

Resolución modificación tribunal cualificador lista de reserva operario de servizos