PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2020 – EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E DAS LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

SETEMBRO 2020 – EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E DAS LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E DAS LISTAS COBRATORIAS DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación–ORAL e por Resolución de Tesourería de 04
de setembro de 2020, aprobáronse os padróns e as listas cobratorias das taxas e prezos públicos relacionadas e que teñen delegada a xestión tributaria nesta Deputación.
Por medio deste anuncio iníciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da
Deputación−ORAL.

Os citados rexistros conteñen información de carácter persoal amparados pola Lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa
integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria no CONCELLO DE CAMBADOS e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá desde o 16 de
setembro ata o 15 de outubro de 2020, ambas as datas incluídas.

Anuncio Tasas 3C CAMBADOS