ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de oficial de administración (OEP/2017), por quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira.
No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 140, do 23 de xullo de 2020, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Polo que se convoca proceso selectivo e se da publicidade ás Bases reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura en quenda libre por persoal funcionario de carreira dunha vacante de Oficial de Administración contida na OEP de 2017.
A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 03 de xuño de 2020 prestou aprobación ás Bases reguladoras da convocatoria e proceso selectivo para a cobertura en quenda libre por persoal funcionario de carreira dunha vacante de Oficial de Administración contida na OEP de 2017.
Mediante Resolución da Alcaldía do 18 de xuño de 2020 convocouse proceso selectivo para a cobertura en quenda de libre para a cobertura da praza vacante da OEP de 2017 que a continuación se sinala:
Denominación |
Tipo persoal |
Escala/ Subescala |
Grupo/ Subgrupo |
Nº |
OFICIAL DE ADMINISTRACIÓN |
Funcionario |
Administración Xeral / Auxiliar |
C/C2 |
1 |
O proceso selectivo réxese polas Bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Goberno Local con data 03.06.2020, cuxo tenor literal se transcribe a continuación:
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA E PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN QUENDA LIBRE, E POR PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA, DUNHA VACANTE DE OFICIAL DE ADMINISTRACIÓN CONTIDA NA OEP DE 2017
DO CONCELLO DE CAMBADOS
1.- Obxecto
A presentes bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante funcionario/a de carreira, dunha praza vacante de oficial de administración (subescala auxiliar da escala de administración xeral, subgrupo profesional C2) prevista na plantilla de persoal do Concello de Cambados, así como na súa oferta de emprego público do ano 2017 (BOP nº 13, do 18 de xaneiro de 2018).
Desta convocatoria derivarase, tamén, a creación dunha bolsa de emprego que habilitará unha listaxe de aspirantes, segundo a orde resultante da puntuación acadada no proceso selectivo, para futuras incorporacións de persoal temporal coa condición de oficial de administración, e nos supostos e baixo as modalidades contractuais ou funcionariais legalmente procedentes.
2.- Características da vacante convocada
• Denominación: Oficial de administración
• Clasificación: Escala de Administración Xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2
• Funcións: As correspondentes ao posto e servizo de adscrición, segundo RPT municipal e/ou instrumento organizativo equivalente e vixente en cada momento, e que resulten propias da súa escala, subescala e capacitación profesional, formativa e legal inherentes.
• Retribucións: As básicas propias do seu grupo/subgrupo de clasificación profesional, así como as complementarias fixadas, para oposto de adscrición correspondente, na RPT vixente (e sen prexuízo daquelas de índole variable ás que, no seu caso, se poida ter dereito).
• Xornada de traballo: Completa
3.- Requisitos dos aspirantes
Para poder tomar parte na presente convocatoria, os aspirantes deberán reunir, antes do remate do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:
a) Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia (LEPG), e restante normativa concordante, permita o acceso á praza de funcionario convocada
b) Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación), graduado/a en educación secundaria (Lei 1/1990, de 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo), graduado/a escolar ou técnico/a auxiliar (Lei 14/1970, de 4 de agosto, xeral de educación e financiación da reforma educativa) ou bacharelato elemental (plan 1957), ou equivalentes
c) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas (CCAA), nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa houbera sido separada ou inhabilitada.
No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
d) Ter cumpridos os 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
e) Estar en posesión das capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
As persoas aspirantes que desexen manifestar e facer valer a súa condición legal de discapacidade, por ter recoñecido un grao de minusvalía igual o superior ao 33%, ou aqueloutra situación análoga segundo a normativa vixente ao efecto, deberán presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, ou outro órgano competente ao efecto, que acredite tal condición; xunto con certificado dos citados órganos, ou da administración sanitaria competente, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes á vacante convocada. A citada condición acreditarase a efectos de solicitar algún tipo de adaptación nas probas a desenvolver; para o que se aplicará ao disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, publicada no BOE do 13 de xuño de 2006, polo que se establecen os criterios para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, ou calquera outra actuación/medida que persiga a dita adaptación e non supoña un tratamento inxustificadamente diferenciado, no tocante ao contido das probas, respecto dos/as restantes aspirantes (para estes efectos, o tribunal poderá poñerse en contacto cos interesados, coa fin dunha mellor concreción e materialización das adaptación necesarias e procedentes).
f) Estar en posesión do CELGA 3, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias
A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación; con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007, e Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega).
En todo caso, e con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten dito coñecemento da Lingua Galega requirido (CELGA 3, ou equivalente), ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de instancias, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega, de conformidade ao previsto para o terceiro exercicio da fase de oposición (base 9), e que cualificará ao/á aspirante como apto ou non apto.
g) Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Cambados, durante o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora por importe de 22,00 €. Para o pago das taxas deben solicitar o documento de ingreso no departamento de tesourería do Concello, ou ben enviando un correo electrónico a tesoreria@cambados.es indicando no mesmo correo os seguintes datos: nome e apelidos, dni, enderezo completo con código postal, nome do proceso selectivo e teléfono de contacto; tendo en conta que deben facelo coa antelación suficiente para recibir o devandito documento, e poder realizar o pago efectivo no prazo de presentación de instancias. Non procederá a devolución do importe da taxa cando a mesma se ingrese fóra de prazo por causa imputable ao suxeito pasivo.
4.- Presentación de solicitudes
As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figurará como ANEXO I das presentes bases, no rexistro xeral do Concello, en horario de atención ao público (de 09:00 h. a 14:00 h.), e no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOE. Igualmente, as ditas solicitudes tamén se poderán presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo).
Xunto coa dita solicitude/instancia (que inclúe, tamén, declaración responsable do cumprimento dos requisitos de participación e da veracidade da documentación/información achegada, con compromiso de presentación da xustificación documental no seu caso requirida), os/as aspirantes deberán achegar a seguinte documentación:
a) DNI, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade do aspirante.
b) Título requirido para acceder ó proceso selectivo, con arranxo ao sinalado no apartado 3.b).
c) Acreditación documental de posuír, de ser o caso, o coñecemento da lingua galega requirido, con arranxo ao sinalado na base 3.f).
d) As persoas aspirantes que desexen manifestar e facer valer a súa condición legal de discapacidade, por ter recoñecido un grao de minusvalía igual o superior ao 33%, ou aqueloutra situación análoga segundo a normativa vixente ao efecto, deberán presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, ou outro órgano competente ao efecto, que acredite tal condición; xunto con certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria competente, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes á vacante convocada. Debendo indicar, asemade, e de ser o caso, se precisaran algún tipo de adaptación nas probas a desenvolver; para o que se aplicará ao disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, publicada no BOE do 13 de xuño de 2006, polo que se establecen os criterios para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, ou calquera outra actuación/medida que persiga a dita adaptación e non supoña un tratamento inxustificadamente diferenciado, no tocante ao contido das probas, respecto dos/as restantes aspirantes (para estes efectos, o tribunal poderá poñerse en contacto cos interesados, coa fin dunha mellor concreción e materialización das adaptación necesarias e procedentes).
e) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame.
5.- PUBLICIDADE
A convocatoria, xunto co texto íntegro da bases reguladoras, serán obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0). Ademais, tamén se realizara, posteriormente, un anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e, por último, no Boletín Oficial do Estado (BOE), que abrirá o prazo formal de presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as; debendo contar, ambos, cunha referencia á publicación previamente realizada no BOP. Os restantes e sucesivos anuncios derivados destas convocatoria e proceso selectivo, así como das actuacións do Tribunal, inseriranse unicamente no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0); agás as resolucións de aprobación de lista provisional e definitiva de admitidos, que se tamén publicarán no BOP, ao igual que o nomeamento do/a aspirante finalmente seleccionado, que tamén será obxecto de publicación no DOG.
6.- Admisión de aspirantes
Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía aprobará, no prazo máximo dun mes, a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as que se fará pública no BOP e no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0). Na dita Resolución indicarase o nome, apelidos e DNI dos/as admitidos/as e excluídos/as e, no seu caso, as causas de exclusión (todo ilo con adecuación, en todo caso, ás previsións/limitacións normativas aplicables ao respecto do dereito de acceso á información pública e a protección de datos de carácter persoal)
Os/as aspirantes excluídos/as, así como os omitidos na relación de admitidos ou excluídos, disporán dun prazo de 10 días hábiles, que comezará a contar dende o día seguinte ao da publicación da resolución no BOP, aos efectos de subsanación das causas da súa exclusión da lista provisional de admitidos (de acordo co previsto no artigo 68 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), ou para advertir os erros dos que, no seu caso, se tivera derivado a súa omisión na mesma. Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.
As alegacións/emendas serán aceptadas ou rexeitadas por resolución da Alcaldía (que será obxecto de nova publicación no BOP, así como no taboleiro de edictos/anuncios e na web municipais), e na que se aprobará a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as; na mesma, tamén se determinará a composición nominativa do tribunal cualificador, e o lugar, data e hora na que se citará ao mesmo para a súa primeira sesión (constitutiva), así como para o inicio do proceso selectivo. Todo ilo con adecuación, en todo caso, ás previsións/limitacións normativas aplicables ao respecto do dereito de acceso á información pública e a protección de datos de carácter persoal.
7.- Tribunal cualificador
O tribunal, cuxa composición se adecuará aos criterios de imparcialidade e profesionalidade, así como aos restantes requisitos previstos, ao efecto, pola normativa de aplicación (nomeadamente, artigos 60 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e 59 da Lei do Emprego Público de Galicia), estará conformado polos seguintes integrantes (dos que se deberá nomear, en todo caso, titulares e suplentes), cuxa súa relación nominativa concreta será fixada xunto coa resolución de aprobación da listaxe definitiva de admitidos/excluídos:
• Presidente, a desempeñar por unha/un funcionaria/o de carreira que cumpra cos criterios sinalados no parágrafo anterior
• 3 Vogais, a desempeñar tres funcionarias/os de carreira que cumpra cos criterios sinalados no parágrafo anterior
• Secretario/a, a desempeñar por unha/un funcionaria/o de carreira que cumpra cos criterios sinalados no parágrafo anterior
O tribunal non poderá constituírse, nin actuar, sen a presenza, cando menos, de tres de seus membros, titulares ou suplentes, debendo estar presentes en todo caso o presidente/a e o/a secretario/a. De tódalas reunións que celebre o tribunal o/a secretario/a redactará a correspondente acta.
Os membros e asesores do tribunal absteranse de intervir, e o comunicarán á autoridade convocante, cando concorra algunha das circunstancias e motivos previstas, ao efecto, na normativa reguladora de réxime xurídico das administracións públicas; e todo ilo de conformidade ao previsto, no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, ou aqueloutras previsións normativas concordante vixentes ao respecto. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros ou asesores do tribunal cando concorran as mesmas circunstancias de abstención anteditas, e de conformidade ao previsto no artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, ou aqueloutras previsións normativas concordante vixentes ao respecto.
O tribunal resolverá, por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e/ou cuestións que se susciten ao respecto da aplicación e/ou interpretación das normas contidas nestas bases, así como nos supostos non previstos nas mesmas (recabando, no seu caso, a emisión de informe e/ou opinión especializada por parte dos asesores que, ao efecto, poidan ter sido requiridos).
O tribunal poderá dispoñer a incorporación, nos supostos en que así o estime oportuno (previo acordo formal adoptado ao respecto), e aos efectos da asistencia/colaboración na súa actuación e/ou traballos propios, de asesores; que actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas/profesionais en base ás cales foran requiridos para o dito asesoramento.
Os membros concorrentes ás sesións do tribunal, e para os efectos de percepcións de asistencias, se clasificarán consonte o disposto no Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razóns de servizo ( e normativa concordante e/ou substitutiva)
En todo o non previsto nas presentes bases, o procedemento de actuación do tribunal axustarase ao establecido na normativa aplicable á formación da vontade dos órganos colexiados do sector público.
8.- Comezo e criterios xerais do desenvolvemento do proceso selectivo
O sistema selectivo empregado será a oposición, que se desenvolverá segundo o previsto ao sinalado na base 9.
Coa resolución comprensiva da relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, a publicar no BOP e no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0), determinarase a composición nominativa do tribunal cualificador, o lugar, data e hora na que se citará ao mesmo para a súa primeira sesión (constitutiva), así como para o inicio do proceso selectivo.
Os sucesivos anuncios sobre puntuación e realización das probas/exercicios da fase de oposición, así como aqueloutros anuncios que poidan proceder, efectuarase no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0); agás o nomeamento final como funcionario de carreira, que será obxecto de publicación, no BOP e no DOG, así como no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0) (sen prexuízo da pertinente notificación ao/á interesado/a).
Desde a total conclusión dun exercicio ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de setenta e dúas horas e máximo de corenta e cinco días naturais.
Durante o desenvolvemento do proceso selectivo e, nomeadamente, dos exercicios da fase de oposición, o tribunal poderá requirir aos aspirantes que acrediten a súa identidade coa exhibición do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento de identificación equivalente. Igualmente, se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, será excluído, previa audiencia do interesado, comunicándoo no mesmo día á autoridade que convocou o proceso selectivo.
Os exercicios da fase de oposición serán de carácter obrigatorio e eliminatorio para todas as persoas aspirantes; sen prexuízo da proba específica de coñecemento de lingua galega, que só será obrigatoria para os/as aspirantes que non teñan acreditado estar en posesión do nivel de coñecemento de galego requirido, con arranxo ao sinalado no apartado f da base 3, e na que os/as aspirantes serán cualificados como aptos ou non aptos.
As persoas aspirantes convocaranse para cada exercicio da fase de oposición en chamamento único, sendo excluídas da mesma e, polo tanto, do proceso selectivo, as que non comparezan, agás nos casos debidamente xustificados e apreciados discrecional e potestativamente polo tribunal. En todo caso, as causas ou razóns xustificativas formularanse dentro das vinte e catro (24) horas seguintes á celebración do exercicio ao que non compareceran. No suposto de sexa preciso establecer unha orde de actuación/chamamento dos/as aspirantes, seguirase a orde alfabética e criterios aplicables ao efecto que, para o ano en curso, teña aprobado a Xunta de Galicia en relación á orde de actuación dos aspirantes nos procesos selectivos para o ingreso na Administración Autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente e/ou en curso.
O tribunal deberá aplicar as medidas que garantan que a corrección dos exercicios, agás nos de carácter práctico, se realice preservando o anonimato dos/as candidatos/as.
Para a superación do proceso selectivo e, polo tanto, optar á cobertura da vacante convocada, os aspirantes deberán ter superado todos os exercicios da oposición que lle resultan obrigados; de non ser así, e non existir ningún aspirante que teña superado o proceso selectivo, poderase declarar deserta. E non se poderán declarar como seleccionados e ser nomeados como funcionarios de carreira un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas.
9.- procedemento selectivo
O sistema selectivo empregado será a oposición, que implicará o desenvolvemento de varios exercicios/probas, segundo o sinalado a continuación.
Primeiro exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test composto por 75 preguntas, máis 5 de reserva, con 4 respostas alternativas, sendo só unha delas a correcta, relacionadas coas materias contidas no temario que figura como Anexo II destas bases.
As preguntas de reserva deberán ser contestadas polos aspirantes e utilizaranse para substituír aquelas preguntas do exame inicial que fosen anuladas polo Tribunal, previo acordo motivado ao respecto. Neste suposto, a pregunta anulada do exame inicial terase por non formulada e será substituída pola primeira pregunta de reserva, e así sucesivamente no caso de que houbera mais dunha anulación.
O exercicio será determinado polo Tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo. O tempo máximo para a realización do exercicio será de 90 minutos.
A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superalo, correspondendo ao Tribunal determinar cal é o número mínimo de preguntas acertadas para alcanzar esta puntuación mínima, que non ten por que corresponderse necesariamente co 50% das preguntas acertadas e para o que se terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.
Segundo exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio
Consistirá no desenvolvemento dun ou mais supostos prácticos, realizados con ordenador e inherentes ás funcións propias da praza, dirixidos a valorar o coñecemento e manexo ofimático (concretamente procesador de texto e follas de cálculo) en entorno LibreOffice, e con arranxo ás instrucións facilitadas ao efecto.
O exercicio será determinado polo Tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo. O tempo máximo para a realización do exercicio será de 30 minutos.
A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superalo, correspondendo ao Tribunal determinar cale son os coñecementos mínimos requiridos para alcanzar esta puntuación mínima.
Terceiro exercicio: obrigatorio para os que non acrediten estar en posesión do nivel de coñecemento de galego requirido (CELGA 3, ou equivalente)
Os/as aspirantes que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de coñecemento do galego requirido (CELGA 3), nos termos do previsto no apartado 3.f) das presentes normas, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega. Dita proba consistirá en traducir un texto (facilitado polo Tribunal, inmediatamente antes de celebrarse a proba), e sen axuda de dicionario, do castelán ao galego. Esta proba terá unha duración máxima de 30 minutos e cualificará ao/ás aspirantes como “apto” ou “non apto”, correspondéndolle ao Tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar o resultado de apto; quedando eliminados do proceso selectivo aqueles/as aspirantes que non acaden dita cualificación de apto.
Os/as aspirantes que non acrediten posuír o CELGA 3 (ou equivalente), ou que, alternativamente, non teñan sido declarados aptos na proba específica de galego, non superaran o proceso.
A puntuación final da oposición obterase sumando as puntuacións acadadas en cada exercicio. No caso de empate na puntuación total terase en conta, prioritariamente, a puntuación obtida no primeiro exercicio da fase de oposición. En caso de que persista o empate, atenderase á primeira letra do primeiro apelido seguindo a orde alfabética aprobada pola Xunta de Galicia que marca a orde de actuación dos aspirantes nos procesos selectivos para o ingreso na Administración Autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano en curso ou en execución. Nos apelidos compostos coa preposición de, da, de la, d’…a mesma non será tida en conta (por exemplo: Marta de Castro, a letra a ter en conta será a “C”). De persistir o empate, atenderase á segunda letra do primeiro apelido, seguindo a orde alfabética anterior, e así ata desfacer o empate; continuando polo segundo apelido e finalmente polo nome.
10.- Finalización do proceso selectivo. Nomeamento do/a aspirante seleccionado, toma de posesión e aprobación da bolsa de emprego temporal resultante
1. Finalizado o proceso selectivo, o Tribunal fará pública (mediante anuncio no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0)) a relación e puntuación final total dos/as candidatos/as que teñan superado todos os exercicios/probas obrigatorios da fase de oposición. Propoñendo, asemade, o nomeamento como funcionario/a de carreira daquel aspirante ao que, por ser o que acadara maior puntuación (ou resultar o primeiro trala aplicación do sistema de desempate antedito), procedería seleccionar e nomear.
Dita proposta que elevarase á Alcaldía para que, con arranxo ás competencias recoñecidas ao efecto, proceda a resolver o nomeamento e toma de posesión.
En todo caso, para a superación do proceso selectivo e, polo tanto, optar á cobertura da vacante convocada, os aspirantes deberán ter superado todos os exercicios da oposición que lle resultan obrigados; de non ser así, e non existir ningún aspirante que teña superado o proceso selectivo, poderase declarar deserta. E non se poderán propoñer para a súa selección e nomeamento como funcionario de carreira a un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas.
2. Así mesmo, na proposta do Tribunal tamén figurará unha relación complementaria, por orde descendente da puntuación acadada, daqueles aspirantes que aínda que non teñan sido propostos para a selección e nomeamento tiveran superado todos exercicios e probas obrigatorias da fase de oposición. Esta relación/listaxe conformará a bolsa de emprego temporal que tamén se creará ao abeiro desta convocatoria, sempre que existan aspirantes que cumpran cos requisitos esixidos para formar parte da mesma (ter superado todos os exercicios obrigados da fase de oposición), cuxo obxecto e normas de funcionamento se fixan na base seguinte; e á que tamén se acudirá, segundo a orde/prelación resultante da puntuación acadada no respectivo proceso selectivo, para os supostos de imposibilidade do nomeamento e toma de posesión do aspirante inicialmente seleccionado para a cobertura da vacantes convocadas (xa sexa por renuncia ou ben polo incumprimento dos prazos, requisitos e/ou requirimentos documentais previstos ao efecto).
3. A persoa seleccionada deberá presentar, no prazo máximo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte ao requirimento realizado ao efecto (que se realizará o mesmo día en que se publique no taboleiro de anuncios e web municipais a relación e puntuación dos aprobados):
• Declaración responsable na que fará constar e manifestará (sen prexuízo da responsabilidade na que, no seu caso, e por falsidade na dita declaración, puidese incorrer);
— Aceptación expresa do nomeamento
— Seguir reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados, no momento de terse presentado ao proceso selectivo.
— Non estar incursa en causa algunha de incapacidade, nin de incompatibilidade, de conformidade coa normativa aplicable vixente, que imposibilite a ocupación e desempeño da vacante convocada
— Non estar en situación de separación, mediante expediente disciplinario, do servizo nas administracións públicas, nin de inhabilitación para o exercicio de empregos públicos, de conformidade coa normativa aplicable vixente, que imposibilite a ocupación e desempeño da vacante convocada.
• Certificado médico, asinado por un colexiado en exercicio, no que consta expresamente que se dispón da capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións e tarefas correspondentes, para acreditar o cumprimento do requisito de participación disposto no apartado e) da base 3 das bases reguladoras.
• Número de afiliación á seguridade social
• Certificación da conta bancaria na que se farían os seus ingresos nominais
Se no prazo e forma indicados (agás nos casos de forza maior debidamente motivados, que serán obxecto de apreciación e estimación discrecional e potestativa por parte da Alcaldía), non presentara a documentación requirida, ou da mesma se deducira que non reúne os requisitos esixidos, non poderá ser nomeada, e entenderase renuncia/desestimento dos seus dereitos inherentes; e ilo sen prexuízo das responsabilidades nas que, de ser o caso, puidera incorrer por falsidade. E a Alcaldía proporá e resolverá, con arranxo á orde de prelación resultante da puntuación acadada no proceso selectivo, o nomeamento dun/dunha integrante da relación de aspirantes que tiveran superado o proceso selectivo (e que conformarán a bolsa de emprego temporal).
4. Resolto pola Alcaldía o nomeamento do/a aspirante seleccionado (resolución de nomeamento que será obxecto de publicación no BOP e no DOG, así como no taboleiro de anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0); e na que tamén se procederá á aprobación da bolsa de emprego temporal derivada, segundo a proposta realizada polo Tribunal), este deberá iniciar a relación de servizo, previo acto de toma de posesión na data sinalada ao efecto na propia resolución, que tamén se lle será debidamente notificada.
De non cumprir co dito prazo de toma de posesión e incorporación, sen existir causa xustificada (casos de forza maior, debidamente motivados, que serán obxecto de apreciación e estimación discrecional e potestativa por parte da Alcaldía), entenderase que renuncia/desiste dos seus dereitos inherentes e non se procederá a súa toma de posesión efectiva, deixando sen efectos o seu nomeamento previo. E a Alcaldía proporá e resolverá, con arranxo á orde de prelación resultante da puntuación acadada no proceso selectivo, o nomeamento dun/dunha integrante da relación de aspirantes que tiveran superado o proceso selectivo (e que conformarán a bolsa de emprego temporal).
En todo caso, a toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG.
No acto de toma de posesión o persoal nomeado deberá prometer ou xurar o cargo na forma legalmente establecida.
5. O nomeamento como funcionario de carreira na praza obxecto de convocatoria será obxecto de publicación no taboleiro de edictos/anuncios e páxina web municipais, así como no BOP e no DOG; sen prexuízo da pertinente notificación ao/á interesado/a.
11.- Bolsa de emprego temporal
I. Obxecto, supostos e ámbito de aplicación
Na resolución de nomeamento como persoal funcionario de carreira do/a aspirante finalmente seleccionado/a, tamén se procederá á aprobación da bolsa de emprego temporal derivada desta convocatoria e do proceso selectivo desenvolto; que estará conformada polos/as aspirantes finalmente non seleccionados, pero que tiveran superado todas as probas da fase oposición que lle resultaran obrigatorias, e por orde descendente de puntuacións (nos supostos de empate, aplicarase o criterio de desempate fixado na base 9).
Esta bolsa ten por obxecto habilitar unha listaxe de aspirantes, segundo a orde resultante da puntuación acadada no proceso selectivo, para futuras incorporacións de persoal temporal coa condición de oficial de administración, nos supostos e baixo as modalidades contractuais ou funcionariais legalmente procedentes, segundo o caso.
O recurso a esta bolsa, para a incorporación e contratación ou nomeamento do persoal temporal pretendido, deberá cinguirse e adecuarse aos supostos, criterios, requisitos e modalidades/tipoloxías funcionariais ou contractuais previstos, segundo o caso, pola normativa aplicable, ao efecto, en cada momento; e, concretamente, e segundo o marco normativo actualmente vixente, ao disposto nos artigos 10 e 11 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TRLEBEP); 23 a 27 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia (LEPG); Estatuto dos Traballadores; e artigo 19.dous da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 (ou previsións normativas concordantes e/ou substitutivas dos mesmos). En todo caso, nos supostos e circunstancias nos que, segundo o previsto pola normativa de aplicación (e, nomeadamente, segundo o previsto no artigo 200 da LEPG ou normativa concordante/substitutiva), non proceda a contratación de persoal laboral temporal, o persoal a incorporar mediante a bolsa de emprego terá a condición de persoal funcionario interino.
No expediente correspondente deberá figurar a descrición e xustificación da necesidade laboral/funcional cuxa cobertura se pretenda; debendo acreditarse/xustificarse a efectiva concorrencia dos supostos e/ou circunstancias excepcionais que, segundo a normativa vixente no momento, permitirían a incorporación de persoal temporal pretendido (xa sexa en réxime laboral ou ben funcionarial, segundo o que proceda). Con acreditación, asemade, por parte da Intervención Municipal, da existencia de crédito adecuado e suficiente.
O obxecto das ditas incorporacións temporais será a realización das funcións/tarefas propias das prazas/postos/categorías a desempeñar (nos termos do legalmente definido ao efecto, e con arranxo a súa capacitación profesional e legal inherentes), segundo as necesidades de servizo que teñan motivado as mesmas; e, en todo caso, con arranxo aos criterios organizativos e funcionais derivados do previsto, ao efecto, na RPT vixente en cada momento.
II. Vixencia
A creación e entrada en vigor desta bolsa de traballo anulará calquera outra de obxecto e/ou características equivalentes que poida existir no Concello, e terá unha vixencia de cinco anos (contados dende a data da súa aprobación, mediante Resolución de Alcaldía). Non obstante, quedará anulada automaticamente, antes da finalización da dita vixencia, coa entrada en vigor efectiva doutra bolsa con obxecto e/ou características equivalentes; xa sexa por convocatoria específica ao efecto (por terse esgotado a aquí regulada, ou por calquera outra causa debidamente acreditada), ou ben porque se derive da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de oficial de administración
III.- Funcionamento e xestión
1. Chamamentos
Os chamamentos para a formalización dos nomeamentos/contratacións realizaranse en base á orde de prelación vixente, en cada momento, entre os/as integrantes da bolsa de traballo; e, polo tanto, respectando a posición ordinal (por orde descendente) que, en cada momento, ostenten na mesma.
En caso de oferta simultánea de varias contratacións, estes ofreceranse en bloque, para a súa elección segundo a orde de prelación de aspirantes.
Os chamamentos realizaranse por vía telefónica e correo electrónico, ao número e dirección de correo electrónico facilitados, polos integrantes da bolsa de traballo, no momento de terse presentado ao proceso selectivo para a súa creación; así, en aras a unha adecuada eficacia deste procedemento, os/as interesados/as deberán comunicar ao Concello, baixo a súa responsabilidade, calquera alteración destas datos de contacto, a efectos de chamamento, que se puidera ter producido.
Realizaranse un máximo de tres chamadas telefónicas, durante unha mesma xornada laboral (entendida dende as 9:00 as 14:00 horas), a distinta horas e cun intervalo mínimo dunha hora. No caso de non terse producido resposta ás ditas chamadas, remitirase un correo electrónico final (dentro da mesma xornada). Tanto na chamada telefónica como no correo electrónico indicarase, como mínimo, a tipoloxía/modalidade da incorporación temporal ofertada (coa duración prevista, en caso de coñecerse, e/ou causa de finalización), si se está a expensas de que acepten os/as integrantes da lista anteriores e que tiveran sido chamados previamente, o prazo máximo para a resposta e o número de teléfono e correo electrónico para poder contactar, a tales efectos, co Concello. Darase un prazo máximo de 24 horas (contado dende a hora de contestación da chamada ou, de non producirse, dende a hora da última chamada sen resposta) para aceptar, ou non, a oferta realizada.
a) De non terse producido ningún tipo de resposta ao chamamento (no prazo máximo antedito), aplicaranse ao/á integrante os mesmos efectos, en relación coa súa situación na bolsa, que os previstos para os supostos de rexeitamento do chamamento sen alegación e acreditación de causa xustificada; e, polo tanto, nos termos do sinalado a continuación, implicará o seu pase ao último lugar da bolsa; e así, sucesivamente, para cada un dos integrantes que incorran en falta de resposta.
b) De terse respondido a dito chamamento, no prazo sinalado, procederase do seguinte xeito, segundo se teña producido á aceptación ou rexeitamento da oferta de incorporación realizada:
b.1.- No suposto de rexeitamento da oferta, o/a interesado/a deberá alegar algunha das causas/situacións xustificadas que continuación se relacionan, sen prexuízo daqueloutras de forza maior que poidan alegarse e que serán obxecto de apreciación e estimación discrecional e potestativa por parte da Alcaldía; e todas elas deberá acreditarse documental e fidedignamente no prazo máximo de 5 días hábiles posteriores dende o dito rexeitamento. De cumprise co antedito, conservará a súa posición ordinal dentro da bolsa; de non ser así, pasará ao último lugar da mesma.
As ditas causas/situacións de rexeitamento xustificado serán as seguintes;
• Concorrencia de parto, permiso por nacemento, adopción ou acollemento, permiso de paternidade, risco durante o embarazo, risco durante o período de lactación natural e/ou situacións asimilables.
• Estar en situación de incapacidade temporal transitoria por continxencias comúns ou profesionais, acreditado co correspondente parte médico de baixa.
• Estar en situación de servizo activo noutra Administración pública.
• Estar nalgunha das situacións de servizos especiais contemplada pola normativa de aplicación
• Ter vixente un contrato de traballo cunha empresa/entidade privada, ou exercer como autónomo.
• Ter que coidar e/ou estar ao cargo dun familiar de ata segundo grao, cando este, por razóns de idade, accidente ou enfermidade non puidera valerse por si mesmo e non desenvolva unha actividade retribuída; ou situacións asimilables enmarcadas dentro do exercicio da conciliación laboral e familiar.
• No suposto de rexeitamento da oferta, o/a interesado/a deberá alegar algunha das
b.2.- No suposto de aceptación da oferta, a Alcaldía resolverá a incorporación, na modalidade de emprego que proceda e na data prevista ao efecto, do/a integrante da bolsa chamado e que teña aceptado, ao que se lle requirirá para que antes da mesma e no prazo concreto sinalado ao efecto, presente:
• Declaración responsable na que fará constar e manifestará (sen prexuízo da responsabilidade na que, no seu caso, e por falsidade na dita declaración, puidese incorrer);
— Aceptación expresa do nomeamento
— Seguir reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados, no momento de terse presentado ao proceso selectivo.
— Non estar incursa en causa algunha de incapacidade, nin de incompatibilidade, de conformidade coa normativa aplicable vixente, que imposibilite a ocupación e desempeño da vacante convocada
— Non estar en situación de separación, mediante expediente disciplinario, do servizo nas administracións públicas, nin de inhabilitación para o exercicio de empregos públicos, de conformidade coa normativa aplicable vixente, que imposibilite a ocupación e desempeño da vacante convocada
— Número de afiliación á seguridade social
— Certificación da conta bancaria na que se farían os seus ingresos nominais.
De non cumprir co prazo sinalado para a presentación da referida documentación (ou da mesma se deducira que non reúne os requisitos esixidos), ou coa data sinalada para a incorporación/toma de posesión, entenderase que renuncia/desiste dos seus dereitos inherentes, non se procederá á súa efectiva incorporación e a Alcaldía proporá e resolverá a incorporación do/a aspirante que ocupe a seguinte posición ordinal na bolsa; e ademais, agás que poida acreditar, documental e fidedignamente, causas/razóns de forza maior que xustifiquen o dito incumprimento (que serán obxecto de apreciación e estimación discrecional e potestativa por parte da Alcaldía), pasará a ocupar o último lugar da bolsa.
2. Baixa definitiva. A acumulación, por un mesmo integrante da bolsa, de tres situacións de falta de resposta (en prazo) aos chamamentos, rexeitamento inxustificado, ou incumprimento do prazo/datas fixados para a incorporación/toma de posesión e/ou presentación de documentación previa, dará lugar á súa baixa definitiva na mesma. Igualmente, tamén serán causas de baixa definitiva as seguintes:
• Solicitude de baixa voluntaria por parte dos/as integrantes da bolsa
• Non reunir os requisitos requiridos (ou terse producido falsidade na acreditación dos mesmos)
• Ter sido separado ou inhabilitado do servizo público.
• Falecemento, incapacidade permanente ou cumprimento da idade ordinaria de xubilación fixada, de ser o caso, en cada momento
En todo caso, a dita baixa definitiva deberá ser acordada, mediante resolución debidamente motivada, por parte da Alcaldía; e deberase garantir aos afectados o trámite de audiencia.
3. Dilixencia de chamamentos
Ao obxecto da súa adecuada xustificación, consulta e acreditación administrativa, o empregado público que se teña encargado dos chamamentos fará constar, mediante dilixencia emitida ao efecto (e que obrará no expediente correspondente), os trámites efectivamente realizados; debendo indicar, cando menos, os días e horas nos que se realizaran as chamadas e o envío de correos electrónicos, así como do remate do prazo para responder ao chamamento, e se o/a aspirante tivo respondido en prazo e aceptado, ou non, a oferta de nomeamento realizada (e sen prexuízo daqueloutras incidencias/circunstancias que, de ser o caso, se estime oportuno reflectir).
4. Fin da relación de emprego e reingreso na bolsa
O persoal que teña sido incorporado ao abeiro desta bolsa finalizará a súa relación de emprego, ademais de polas causas xerais que determinan a perda da condición de empregado público, cando rematen as causas que tiveran motivado a dita incorporación e nomeamento ou contratación temporal ou, no seu caso, concorra algunha das restantes causas de finalización legalmente previstas, segundo o caso.
Ao producirse a finalización da súa relación de emprego como persoal temporal regresará á posición ordinal que, en cada momento, lle corresponda dentro da bolsa.
5. Situacións ordinarias nas que se poderán atopar os/as integrantes das bolsas
a.- “Dispoñible”. Atoparse entre a listaxe de integrantes da bolsa á espera de ser chamado/a.
b.-”Traballando”. Atoparse traballando para o propio Concello de Cambados, no ámbito de aplicación destas bases, e como consecuencia de ter sido nomeado/a ou contratado/a a través desta bolsa de emprego
Finalizada a vixencia do correspondente contrato/ nomeamento, as persoas en activo ou “traballando” pasarán novamente á situación de “dispoñible”, mantendo a súa posición ordinal inicial na bolsa de orixe.
No caso de que os/as empregados/as “traballando” se atopen incluídos como dispoñibles noutras bolsas de emprego temporal do Concello, poderán aceptar ou rexeitar outra contratación ou nomeamento temporal que se lles ofreza a través das mesmas. No caso de aceptar, considerarase como “renuncia voluntaria” na súa relación de emprego en vigor e pasarán como “dispoñibles” ao final da bolsa de emprego da que tivera derivado a contratación ou nomeamento ao que se renuncie. Idéntica actuación procederá no caso de renuncia voluntaria na relación de emprego en vigor (derivada dunha bolsa de emprego existente), agás que esta se derive dunha situación ou suposto legal con reserva de posto e/ou con garantía/posibilidade de reincorporación, nos que se manterá a súa posición ordinal na bolsa en tanto siga vixente a dita reserva de posto ou garantía/posibilidade de incorporación.
c.- “Baixa definitiva”. Implica a exclusión definitiva da bolsa, e se derivará dos supostos/circunstancias sinalados no apartado 2 anterior
6. Competencia para a xestión ordinaria da bolsa
A competencia para a xestión administrativa e ordinaria das bolsas de emprego correspóndelle ao servizo ou unidade administrativa que teña atribuída a xestión de persoal/rrhh; cuxo persoal asumirá os trámites operativos e materias pertinentes. E ilo sen prexuízo da atribucións resolutorias que, segundo o previsto nestas bases, así como na normativa de réxime local, lle correspondan á Alcaldía ou ao órgano competente correspondente.
7. Dereito de acceso e información
Garantirase aos interesados a posibilidade de acceso/información respecto da bolsa de emprego vixente en cada momento, mediante os medios que o fagan posible e con adecuación, en todo caso, ás previsións/limitacións normativas aplicables ao respecto do dereito de acceso á información pública e da protección de datos de carácter persoal.
12.- NORMAIS FINAIS
1. Para todo o non previsto nas presentes bases, o tribunal estará facultado para resolver e/ou interpretar as dúbidas que se puideran presentar e tomar os acordos necesarios para a boa orde e adecuado desenvolvemento do proceso, con pleno sometemento e adecuacións ás previsións normativas aplicables ao respecto, e con arranxo ao sentido e contido das propias bases.
2. Todas as referencias á Alcaldía contidas nas presentes bases entenderanse realizadas ao órgano municipal que, en cada momento, e por previsión legal ou delegación daquela, asuma idénticas competencias.
3. De acordo co disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Garantía de Dereitos Dixitais, os datos persoais facilitados incorporaranse e manteranse nun ficheiro titularidade do Concello, coa finalidade de poder atender a súa solicitude. Os devanditos datos serán tratados de xeito confidencial, podendo ser cedidos só nos casos previstos na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantías de dereito dixitais. Para exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, na medida en que a lei o permita, dos datos persoais, a persoa interesada deberá comunicalo por escrito ao Concello, achegando copia do documento que acredite a súa identidade.
13. RECURSOS
A resolución aprobatoria desta convocatoria e bases reguladoras, e cantos actos administrativos se deriven das mesmas, así como das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados, polos interesados, tanto en vía administrativa como contenciosa, na forma e prazos establecidos pola Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa ou aqueloutra normativa concordante vixente ao efecto.
ANEXO I
MODELO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
“Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Cambados
D./D.ª __________________________________, de _____ anos, con DNI _________________ e domicilio en _________________________________________, n.º ____, piso ____ C.P. ___________, da localidade _________________________, con teléfono __________________, e correo electrónico _________________________________
EXPOÑO:
I. Que desexo participar na CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN QUENDA LIBRE, E POR PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA, DUNHA VACANTE DE OFICIAL DE ADMINISTRACIÓN CONTIDA NA OEP DE 2017 DO CONCELLO DE CAMBADOS
II. Que declaro, baixo a miña responsabilidade, reunir todos os requisitos esixidos para poder participar do antedito proceso selectivo (referidos á data de finalización do prazo sinalado para a presentación desta solicitude), segundo o previsto nas súas bases reguladoras, que coñezo e acepto; declarando, asemade, a veracidade do que aquí expoño, así como dos datos que figuran nesta instancia, comprométome a xustificalo documentalmente cando así sexa requirido.
Polo exposto,
SOLICITO:
Ser admitido no dito proceso selectivo; achegando, para estes efectos, e con arranxo ao disposto na base 4 das bases reguladoras, a seguinte documentación;
– Copia do DNI, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da miña identidade e nacionalidade
– Documento acreditativo de estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do título de…………………………………………………………………………….., para acreditar o cumprimento do requisito de titulación para a participación no proceso selectivo, segundo o disposto, ao efecto, no apartado b) da base 3 das bases reguladoras.
– Documento acreditativo de estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do CELGA 3 (ou equivalentes), segundo o dispostos, ao efecto, no apartado f) da base 3 das presentes bases,
Si ____
Non ____
– Como aspirante con discapacidade legalmente recoñecida achego certificación/documentación acreditativa de dita condición, nos termos do previsto, ao efecto, no apartado e) da base 4 das bases reguladoras.
Si ____
Non ____
– E solicito adaptación para as probas a desenvolver
Si ____
Non ____
– Xustificante de ter aboados os dereitos de exame
Cambados, a ………. de ………………………. de 2020”
ANEXO II
TEMARIO
1. A Constitución española de 1978: Estrutura. Especial referencia aos dereitos fundamentais e liberdades públicas.
2. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. Especial referencia ao Goberno da Comunidade Autónoma.
3. Organización territorial do Estado na Constitución: Ideas xerais da Administración central, autonómica e local.
4. Marco normativo regulador do réxime xurídico da Administración Local. Leis actualmente aplicables, a nivel estatal e autonómico; obxecto e estrutura.
5. Réxime local español: clases de entidades locais. O municipio: Elementos: territorio e poboación.. Competencias dos municipios. A provincia: Organización provincial; competencias das provincias.
6. A organización municipal: Clases de órganos. O Pleno da Corporación. O alcalde. Os tenentes alcalde. A xunta de goberno local. As comisións informativas. Outros órganos complementarios. Os grupos políticos municipais.
Particularidades dos municipios de gran poboación: municipios de aplicación, organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios e xestión económico- financeira.
7. Funcionamento dos órganos colexiados do Goberno local. Convocatorias, orde do día, celebración de sesións, adopción de acordos, inscricións, publicacións, notificacións e certificacións
8. A facenda local. Marco xurídico aplicable. Ingresos e tributos locais; clases
9. Os dereitos das persoas na Lei do procedemento administrativo común.
10. A administración electrónica: Normativa de aplicación. Instrumentos para o acceso electrónico ás Administracións Públicas: Sedes electrónicas, canles e puntos de acceso, identificación e autenticación. A xestión electrónica dos procedementos administrativos: rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. Esquema Nacional de Seguridade. Esquema Nacional de Interoperatividade.
11. A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno: A transparencia da actividade pública. Dereito de acceso a información pública; réxime, solicitude, tramitación e resolución, recursos.
Bo goberno: Ambito de aplicación, principios, infraccións e sancións, órgano competente e procedemento, prescrición. O Consello de Transparencia e Bo Goberno: funcións.
12. A protección de datos de carácter persoal: Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A axencia española de protección de datos.
13. O acto administrativo: Concepto e clases. Elementos do acto administrativo: Suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Notificación e publicación dos actos administrativos. A eficacia do acto administrativo: Principios xerais, executividade e suspensión.
14. Nulidade de pleno dereito e anulabilidade dos actos administrativos. Os actos administrativos irregulares. A convalidación, conservación e conversión dos actos administrativos. O errores materiais ou de feito. Revisión de oficio de actos nulos e anulables; casos nos que procede e procedemento. A impugnación xurisdicional de actos polo propia administración; a declaración de lesividade. A revocación dos actos administrativos.
15. O procedemento administrativo: Iniciación, ordenación, instrución e terminación e silencio administrativo. Términos e prazos.
Os recursos administrativos: Concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, de reposición e de revisión.
16. Funciones públicas necesarias en todas sas Corporacións locais cuxa responsabilidade administrativa está reservada a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional. Clases, persoal competente e tarefas/actuacións que comprenden
17. A xestión económica local: O orzamento da entidades locais; concepto, estrutura e procedemento de aprobación e modificación.
Fases de ordenación do gasto: Órganos competentes.
Xestión da contabilidade local: Liquidación orzamentaria e Conta Xeral: concepto, procedemento de aprobación e órganos competentes
18. Emprego público: Marco xurídico xeral e aplicable ao ámbito local.
Concepto e clases de empregados públicos
Adquisición e perda da relación de servizo. O acceso ao emprego público; principios reguladores, requisitos, sistemas selectivos
Réxime disciplinario e de incompatibilidades
Dereitos (colectivos e individuais) e deberes e código de conduta dos empregados públicos.
Xornada de traballo, permisos, licenzas e vacacións do persoal ao servizo da administración local.
Situacións administrativas do persoal ao servizo da administración local.
Os instrumentos de ordenación de persoal: Plantillas, relacións de postos de traballo e oferta de emprego público
Provisión e cobertura de postos: Sistemas
19. Os contratos das Administracións Públicas: Lei ce Contratos do Sector Público; ámbito de aplicación e negocios e contratos excluídos. Delimitación e cualificación dos tipos de contratos..
A contratación; órgano de contratación, fases e procedementos. Particularidades da administración local.
O contratista: Capacidade, solvencia, prohibicións, clasificación.
20. A lexislación urbanística de Galicia: marco xurídico aplicable. As licencias urbanísticas e as comunicacións previas; concepto e procedemento de tramitación.
21. Seguridade e hixiene no traballo: Marco xurídico aplicable. Actuacións das Administracións Públicas; competencias. Dereitos e obrigacións dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos; funcións. Participación dos traballadores en materia preventiva.”
RECURSOS PROCEDENTES.- Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da súa notificación, ó abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas , ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Adminstrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación, consonte ó disposto nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124-2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte ao establecido no artigo 46-1) e 4) da Lei 29/1998, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a Dereito.
Documento asinado e datado electrónicamente.