PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2020 – CONVOCATORIA E BASES PARA CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN AUXILIAR DE CULTURA A TEMPO PARCIAL

AGOSTO 2020 – CONVOCATORIA E BASES PARA CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN AUXILIAR DE CULTURA A TEMPO PARCIAL

ANUNCIO

Mediante Resolución da Alcaldía do 09.06.2020 aprobáronse as Bases para contratar porconcurso 26 postos de traballo como persoal laboral de duración determinadade acordo coas Bases e a convocatoria do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación Provincial dePontevedra (Plan Concellos) 2020 e ao amparo da liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Mediante Resolución da Alcaldía de 20.07.2020, acordouse amplia-lo sondeo para cubrir 2 postos vacantes de AUXILIAR DE CULTURA, mediante unha contratación temporal a tempo parcial de 25 horas semanais efectuando anuncio da convocatoria o pasado 04.08.2020 Resultando vacante novamente un dos postos aprobáronse novas Bases mediante Resolución do10.08.2020.

De acordo coa Base quinta do proceso selectivo, “Os participantes nas probas selectivas serános remitidos nos listados da Oficina de Emprego, tal e como recolle a base 8ª das Bases e convocatoria do Plan Concellos 2020 dentro da liña 3 Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais unha vez que o Concello presente a correspondente oferta de emprego.”Igualmente a Base quinta do proceso selectivo establece que, As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo estenderanse no impreso normalizado de solicitude que se adxunta nos Anexos I e II e dirixiranse á Sra. Alcaldesa, puidéndose presentar no Rexistro Xeral do Concello (Praza do Concello 1 CP 36630), vía electrónica a través do Rexistro electrónico da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0) ou en calquera dos lugares establecidos no artigo  en 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas no prazo de TRES DÍAS NATURAIS contados a partir do seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no Taboleiro de Edictos do Concello.

Por todo infórmase ao todos/as interesados/as no expediente,

1.Que a apertura do prazo de tres días naturais establécese no día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Taboleiro de Edictos do Concello

2.Que os participantes nas probas selectivas serán os remitidos nos listados da Oficina de Emprego, tal e como recolle a base 8ª das Bases e convocatoria do Plan Concellos 2020 dentro da liña 3 Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais unha vez que o Concello lle trasladou a correspondente oferta de emprego. De igual maneira a Base 4ª e) establece como requisito para participar no proceso selectivo o de,“e)Atoparse incluídos nas listas remitidas pola Oficina de Emprego ao Concello de Cambados de ser desempregado/a, inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.”

Anuncio convocatoria selección (1) auxiliar de cultura Plan Concellos Liña 3 (2ª Ampliación Oferta)

2Bases convocatoria (1 praza auxiliar cultura )