PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2020 – APROBACIÓN DO PADRÓN DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIROS E COEFICIENTE DE VERTEDURA, 1º SEMESTRE DO 2020.

AGOSTO 2020 – APROBACIÓN DO PADRÓN DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIROS E COEFICIENTE DE VERTEDURA, 1º SEMESTRE DO 2020.

SERVIZO MUNICIPAL DA REDE DE SUMIDOIROS
ESPINA & DELFIN, S.L.

A N U N C I O

Asunto: Aprobación Padrón Taxa pola prestación do servizo de sumidoiros e coeficiente de vertedura, 1º semestre 2020.

Confeccionado o Padrón da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros e coeficiente de vertedura por Espina & Delfin, S.L., correspondente o 1º semestre do ano 2020 e aprobado polo DECRETO 2020-0834 de 23.07.2020.

Exponse ao público o referido Padrón durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP para que poida ser examinado polos/as contribuíntes ou interesados na oficina Espina & Delfin, S.L., sita na rúa Ourense, número 8, Cambados, en horario de 10:00 a 13:30 horas, de luns a venres, ós efectos de que poidan facer as reclamacións que consideren oportunas, elevándose o mesmo a definitivo con resolución das mesmas se as houbese.

Asemade, faise saber que, sen prexuízo das reclamacións que se poidan presentar contra o citado Padrón, o prazo de ingreso en período voluntario das citadas taxas, será de sesenta días dende a súa aprobación e publicación no B.O.P.

Advertencia: Rematado o período voluntario de ingreso, os recibos non pagados esixiranse pola vía administrativa de prema, coas recargas e xuros correspondentes, consonte co establecido nos artigos 161 da Lei xeral tributaria e 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación.(R.D. 939/2005,de 29 de xullo). Ademais, no caso do coeficiente de vertedura advírtese ao contribuínte de que a falta de pagamento no período voluntario sinalado suporá a esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

Contra a aprobación do Padrón só poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao do remate do período de exposición pública do referido Padrón (art. 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Facendas Locais). De igual modo, a repercusión do coeficiente de vertedura, poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende a súa publicación no BOP.

Documento asinado electronicamente.