PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • AGOSTO 2020 – BANDO CONSUMO DE AUGA

AGOSTO 2020 – BANDO CONSUMO DE AUGA

Como consecuencia das escasas choivas deste ano e o elevadísimo consumo de auga que se produciu nos últimos meses no noso Concello, procedo a establecer un conxunto de recomendacións á cidadanía cambadesa, coa finalidade de reducir o consumo medio e evitar consecuencias negativas e prexudiciais que poderían afectar tanto a particulares, como a establecementos comerciais e industriais.
Por todo elo, recomendo o seu uso responsable:

*para limpeza de fachadas, lavado de vehículos e outro tipo de limpezas que requiran grandes cantidades de auga.
* para o cheo de piscinas, xa sexan de obra, prefabricadas ou móbiles, empregar sistemas de limpeza como depuradoras, limpafondos ou similares, que non implique ter que enchelas novamente.
*para as regas de xardíns e cultivos, recoméndase proceder a unha única rega ao día, que debería realizarse preferentemente ao atardecer.

En aras do interese público e aos efectos de non ter que tomar medidas máis restritivas, apelo ao civismo e solidariedade da veciñanza no uso da auga, continuando con todas as medidas necesarias, encamiñadas á utilización máis eficiente posible da mesma, reiterando consellos de aforro (busca de fugas, duchas en vez de baños, pechar as billas mentres non se utilicen, etc) xa coñecidos por todos e todas.

Bando Consumo Responsable de Auga