PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2020 – COMUNICADO CORTE DE RÚAS O TRÁFICO

XULLO 2020 – COMUNICADO CORTE DE RÚAS O TRÁFICO

O Concello de Cambados informa das medidas de restrición a circulación no casco urbano, cortes de tráfico motorizado que supoñen unha modificación do réxime normal de utilización da vía pública. Estas son en relación a celebración dó Mercado Municipal nas medidas de seguridade a adoptar ante a grave crise sanitaria.

Dentro das competencias dos alcaldes en materia de circulación está o peche das vías urbanas cando fose necesario (artigo 7. f do “Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial”); dando cumprimento o disposto na lexislación de tráfico a continuación fanse públicas as restricións a circulación no casco urbano de Cambados os sábados  e mércores: Rúas Nova, Curros Endquez, Isabel II, Infantas; Hospital, Lugo, Compostela, Rego, Rollo e Muelle.