PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2020 – BANDO DA ALCALDÍA RECOMENDACIÓN E ADVERTENCIA DE NON CELEBRAR FESTAS PRIVADAS NAS DATAS PREVISTAS PARA A CELEBRACIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO

XULLO 2020 – BANDO DA ALCALDÍA RECOMENDACIÓN E ADVERTENCIA DE NON CELEBRAR FESTAS PRIVADAS NAS DATAS PREVISTAS PARA A CELEBRACIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO

BANDO DA ALCALDÍA

RECOMENDACIÓN E ADVERTENCIA DE NON CELEBRAR FESTAS

       PRIVADAS  NAS DATAS PREVISTAS  PARA A CELEBRACIÓN

                              DA  FESTA DO ALBARIÑO

                                  (29-30-31 DE XULLO E 1-2 DE AGOSTO)

                                                                                                                                   A Alcaldesa  do Concello de Cambados Fátima Abal Roma

DISPOÑO

                                                                     

Como prevención dos brotes de Covid-19,  o Concello anuncia que vanse controlar os espazos   públicos, (prazas,  xardíns,   etc) para evitar que se incumplan as  normativas  de seguridade  anti-contaxio do  covid-19. Debemos  evitar aglomeracións de  persoas  para  previr  o  contaxio, garantir a seguridade  da cidadanía e evitar a  propagación do virus.

DENDE O CONCELLO RECOMENDÁMOSLLE:

 

A todas as persoas propietarias de fincas e  locais privados que eviten  facer ningunha festa nin  banquete durante esas datas, que pensen na gran responsabilidade na que se poden ver implicados  se hai un brote de coronavirus,  que lembren que a ocupación da vía pública está totalmente prohibida, agás os locais de hostalería con licencia municipal cumprindo  as normas  de aforo.

A toda a hostalería local, que teñan en conta que nos seus locais e terrazas o/a  empresario/a, non a clientela, é responsable de que se cumplan as normas, e que tanto a Garda Civil como  a Policía Local van inspeccionar e sancionar a todos aqueles locais  que non cumpran os aforos.

Polo ben de toda a cidadanía, cumpramos as recomendacións sanitarias na nova normalidade,  atendendo ao uso obrigatorio das mascarillas, á distancia social en espazos pechados e ao aire libre,  e á desinfección frecuente de mans.
Cambados, 20 de Xullo de 2020

BANDO ALBARIÑO