PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2020 – ANUNCIO DA RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR POLA QUE SE PROPÓN A CREACIÓN DE LISTA DE RESERVA PARA O NOMEAMENTO INTERINO DE POSTO DE EDUCADOR/A SOCIAL

XULLO 2020 – ANUNCIO DA RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR POLA QUE SE PROPÓN A CREACIÓN DE LISTA DE RESERVA PARA O NOMEAMENTO INTERINO DE POSTO DE EDUCADOR/A SOCIAL

ANUNCIO DA RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR POLA QUE SE PROPÓN A CREACIÓN DE LISTA DE RESERVA PARA O NOMEAMENTO INTERINO DE POSTOS DA ESCALA DE ADMINISTRACION ESPECIAL;
SUBESCALA TÉCNICA (GRUPO “A”; SUBGRUPO “A2”) POSTO DE EDUCADOR/A SOCIAL

En cumprimento da Base sétima do proceso selectivo faise pública a Resolución do Tribunal Cualificador de 25.06.2020, “1.Facer pública a relación de aspirantes que aprobaron o proceso selectivo propoñendo
a creación da lista de reserva do posto de Educador/a Social coa seguinte orde de chamamento:

1 ALICIA PARADA LÓPEZ
2 ALMUDENA CORES DÍAZ  (*)
3 CECILIA PRIETO VIÉITEZ  (*)
4 NATALIA SISTO CASERTO
5 PAULA SERANTES POSSE
6 ZAIDA MARTÍNEZ CORES
(*)Resolve o empate o resultado da entrevista curricular (Base sexta c).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida en alzada ante o Alcaldía, segundo establece os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015 do 1 de outubro. O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior.
O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes se o acto fose expreso. Se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo.
Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.
Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 113 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

Anuncio proposta de creación de lista de reserva Educador Social