SELECCIÓN DE DOUS (2) TRABALLADORES /AS PARA AS OFICINAS DE TURISMO DO CONCELLO DE CAMBADOS EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL A TEMPO PARCIAL
Mediante Resolución de Alcaldía aprobáronse as bases para a selección de dous (2) traballadores /as para as oficinas de turismo do Concello de Cambados en réxime laboral temporal a tempo parcial (30 horas semanais), e na modalidade de contrato eventual por circunstancias da producción por un período de seis meses.
O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As bases póñense a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello de Cambados e no Taboleiro de Anuncios ubicado na sede electrónica da entidade:
https://cambados.sedelectronica.gal/
Cambados
Bases Selección de dous (2) traballadores para a Oficina de Turismo