CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A SELECCIÓN INTERINA DE POSTOS DE OPERARIO DE SERVIZOS
Mediante Resolución da Alcaldía deste Concello aprobáronse as bases para a configuración dunha lista de reserva para a selección interina de postos de Operario de Servizos.
O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As bases póñense a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello de Cambados e no Taboleiro de Anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0).
Cambados