PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2020 – EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2020 E A SÚA COBRANZA

XUÑO 2020 – EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2020 E A SÚA COBRANZA

ANUNCIO CONCELLO DE CAMBADOS

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS E LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2020 E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL e por Resolución de Tesourería de data 10 de xuño 2020, vense de aprobar os padróns e listas cobratorias do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2020 (IVTM) do Concello de CAMBADOS:
Polo que, por medio do presente anuncio iniciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación – ORAL.
Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que cada interesado poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria en cada un dos concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 15 de xuño de 2020 ata o día 31 de xullo de 2020, ambas datas incluídas.
Contra o acto de aprobación das citadas listas cobratorias poderá presentarse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública perante a Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra, previo ao contenciosoadministrativo, de acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo. 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia.
A exposición ao público do presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IVTM DO EXERCICIO 2020

De conformidade co previsto nos artigos 19, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais – ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) do exercicio 2020, para o Concello de CAMBADOS, de acordo co calendario excepcional aprobado como consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID-19 e posterior estado de alarma se inicia o día 15 de xuño de 2020 e finaliza o 03 de setembro de 2020, ámbalas dúas datas incluídas.

NORMAS DE COBRANZA:
FORMAS E LUGARES DE INGRESO:
• O ingreso poderá realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación
Pontevedra – ORAL (https://ovt.depo.gal).

• A través da App de pagos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android).

• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell, Santander e Unicaja Banco), tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).

ENVÍO DE DOCUMENTOS DE INGRESO: Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.
Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

REFERENCIAS DE COBRO: Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro con importes diferentes: A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pago, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400
ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

CARGOS DE DOMICILIACIÓNS: Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas dos seus clientes o día indicado para cada tributo no calendario fiscal.

ADVERTENCIA LEGAL: O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que se teña satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e esixirán ao debedor as custas regulamentarias orixinadas do dito procedemento

OFICINAS DE ATENCIÓN PRESENCIAL: A atención ao público nas Oficinas do ORAL farase exclusivamente a través do sistema de CITA PREVIA, solicitado a través das seguintes canles:
• WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral
• OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/
• SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/
• TELÉFONO: 986 804 100

Anuncio IVTM 2020