PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2020 – ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE VINTESEIS POSTOS DE TRABALLO COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA A TEMPO PARCIAL

XUÑO 2020 – ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE VINTESEIS POSTOS DE TRABALLO COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA A TEMPO PARCIAL

ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE VINTESEIS POSTOS DE TRABALLO COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA A TEMPO PARCIAL

Mediante Resolución da Alcaldía do 06 de xuño de 2020 aprobáronse as Bases para a contratación de vinteséis (26) postos de traballo como persoal laboral de duración determinada a tempo parcial de acordo coas Bases e a convocatoria do Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2020 e ao amparo da liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais En cumprimento da Base Quinta do proceso selectivo establécese un prazo de TRES DIAS NATURAIS para aportar a solicitude de participación e a documentación xustificativa dos méritos alegados, que se contarán desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello (O prazo remata o vindeiro 19.06.2020).

As solicitudes de participación presentaranse, preferentemente vía electrónica a través do Rexistro electrónico da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal).
De igual forma, e dada a necesariedade de adoptar medidas organizativas necesarias, as solicitudes poderán presentarse no Departamento de Persoal do Concello (Primeiro Andar da Rúa Ourense), garantindo as medidas de seguridade e distanciamento social establecido polas autoridades por mor da crise sanitária da Covid-19, de acordo co seguinte horario estimativo:

Mércores día 17 de xuño

9.00 horas: Auxiliares Administrativos (A primeira metade dos/as aspirantes por orde alfabética ata Silvia Fontenla Campos).
10.30 horas: Auxiliares Administrativos (A segunda metade dos/as aspirantes por orde alfabética desde Patricia Ángela Gómez Charlín).
11.30 horas: Auxiliares Conserxes.
12.30 horas: Auxiliar de comunicación.
13.30 horas: Auxiliares de Cultura.

Xoves día 18 xuño

9.00 horas: Técnico Medioambiente.
10.00 horas: Traballador Social.
11.00 horas Arquitécto Técnico.
12.00 horas Técnico Organización.
13.00 horas Educador Familiar.

Venres día 19 xuño

10.00 horas Operarios Mantemento
11.00 horas Varredores
12.00 horas Limpadoras-es
As bases atópanse a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello e no Taboleiro de Edictos do Concello ubicado na sede electrónica da entidade
(https://cambados.sedelectronica.gal).
Cambados

Convocatoria de Selección Persoal Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020) Liña 3