No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 15, de 23 de xaneiro de 2020, publicáronse íntegramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
Unha praza de Encargado/a de Obras e Servizos, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase de Persoal de Oficios, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Dúas prazas de Oficial de Jardinería, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase de Persoal de Oficios, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Dúas prazas de Oficial Condutor, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase de Persoal de Oficios, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Unha praza de Oficial de Mantemento, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais e clase de Persoal de Oficios, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
Publicouse, así mesmo, un extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 58, de 24 de marzo de 2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no «Boletín Oficial do Estado», e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidad coas bases, faranse públicos nos términos establecidos nas propias bases.
Cambados, 1 de xuño de 2020.