PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2020 – BASES PARA CONTRATAR POR CONCURSO 26 POSTOS DE TRABALLO COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA

XUÑO 2020 – BASES PARA CONTRATAR POR CONCURSO 26 POSTOS DE TRABALLO COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA

BASES PARA CONTRATAR POR CONCURSO 26 POSTOS DE TRABALLO COMO PERSOAL LABORAL DE DURACIÓN DETERMINADA

OBXECTO DA CONVOCATORIA

O obxecto da convocatoria é prover vinteseis (26) postos de traballo como persoal laboral de duración determinada a tempo parcial de acordo coas Bases e a convocatoria do Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2020 e ao amparo da liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
As funcións asignadas serán as de asistencia na prestación dos servizos en distintos departamentos e servicios municipais de acordo coa memoria aprobada e denominada:
“EMPREGO PARA A CONSERVACION E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVICIOS MUNICIPAIS”

TIPO DE CONTRATO E DURACION
O contrato será por obra ou servizo determinado de interese social a tempo parcial, e coa xornada que se especifica para cada posto.
A duración do contrato extenderase ata o 31 de decembro de 2020 de acordo coas Bases e convocatoria do Plan Concellos 2020 dentro da liña 3, denominada Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

RETRIBUCIÓNS.
As retribucións para os traballadores de Administración Xeral , son as establecidas no cadro de retribucións aprobado pola Alcaldía, calculadas proporcionalmente a xornada semanal e según o establecido no Convenio sectorial de Oficinas e Despachos para a Provincial de Pontevedra, última Revisión Salarial, que foi publicada no BOOPP, Nº 187 de 28 de Setembro de 2011. As retribucións para os traballadores do Departamento de Obras , son as establecidas no cadro de retribucións aprobado pola Alcaldía en data 13 de febreiro de 2020, calculadas proporcionalmente a xornada e según o establecido no Convenio sectorial de Construcción para a provincia de Pontevedra , que foi publicado no BOOPP, Nº 50 de 12 de marzo de 2019

ADMISIÓN DE ASPIRANTES

Os participantes nas probas selectivas serán os remitidos nos listados da Oficina de Emprego, tal e como recolle a base 8ª das Bases e convocatoria do Plan Concellos 2020 dentro da liña 3 Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais unha vez que o Concello presente a correspondente oferta de emprego.

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo estenderanse no impreso normalizado de solicitude que se adxunta nos Anexos I e II e dirixiranse á Sra. Alcaldesa, puidéndose presentar no Rexistro Xeral do Concello (Praza do Concello 1 CP 36630), vía electrónica a través do Rexistro electrónico da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0) ou en calquera dos lugares establecidos no artigo en 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas no prazo de TRES DÍAS NATURAIS contados a partir do seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no Taboleiro de Edictos do Concello.

A estes efectos poderase establecer o sistema de cita previa e os mecanismos necesarios para presentar as solicitudes de forma ordenada e garantindo as medidas de seguridade e distanciamento social recomendadas polas autoridades sanitarias por mor da crise sanitaria da Covid-19.

Os aspirantes poderán alegar a avaliación dos méritos cuxa acreditación non dispoñan no momento de presentación da solicitude.
En todo caso poderán achegalos ao Tribunal Cualificador ata o día da sesión de avaliación de méritos.
Os méritos que non se aporten ou aleguen coa solicitude de participación ou non se acrediten ata a data da sesión de avaliación non se terán en conta polo Tribunal Cualificador.
Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e de documentación xustificativa de méritos a Presidencia ditará resolución, que se deberá publicar no taboleiro de anuncios do Concello, publicando a lista provisional de admitidos e excluídos e indicando a designación nominal do Tribunal Cualificador, sinalando un prazo dun día hábil para emendar o defecto que motivase a súa exclusión ou omisión.

No caso de se producir reclamacións deberase dictar nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación definitiva de admitidos e excluídos no Taboleiro de Edictos do
Concello. Os aspirantes que no prazo sinalado non emenden a exclusión ou non aleguen a omisión serán definitivamente excluídos da participación das probas.
De non presentarse reclamación ningunha, ou se a documentación presentada por todos os aspirantes cumpre cos requisitos establecidos nas bases, a lista provisional elevarase a
definitiva.

Bases de convocatoria_Bases Selección Persoal Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos 2020) Liña 3