PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2020 – Lista de admitidos/as e excluídos/as, designación de Tribunal Cualificador e determinación do lugar, data e hora para a realización da proba práctica do proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva de Educador/a Social

XUÑO 2020 – Lista de admitidos/as e excluídos/as, designación de Tribunal Cualificador e determinación do lugar, data e hora para a realización da proba práctica do proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva de Educador/a Social

Lista de admitidos/as e excluídos/as, designación de Tribunal Cualificador e determinación do lugar, data e hora para a realización da proba práctica do proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva de Educador/a Social.

Aprobación da lista de admitidos e excluídos, designación de Trtibunal Cualificador e determinación do lugar, data e hora para a realización da proba práctica do proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para o
nomeamento temporal de persoal interino integrados na escala de Administración especial; subescala técnica (Grupo “A”; Subgrupo “A2”); posto de Educador/a Social
Visto o expediente tramitado para a selección dunha lista de reserva para a provisión interina de postos de educador/a social mediante os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.
Visto que mediante Resolución da Alcaldía do 01.06.2020 resolveuse alzar a suspensión dos procesos selectivos no Concello de Cambados tras o levantamento dos prazos administrativos adoptada por Resolución de 20 de maio de 2020 do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo.
Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión e de acordo co disposto na Base Terceira do proceso selectivo,

RESOLVO:
1.Aprobar a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo, e ao non figurar ningún excluído/a na mesma, elevala a definitiva.

ADMITIDOS/AS :

  •  Dª .María José Carballa Rosales
  •  Dª. Almudena Cores Díaz
  •  Dª. Beatriz Porrúa Refojo
  •  Dª. Mercedes Rodiño Guiance
  •  Dª. Ana Martínez Fernández
  •  Dª. Fabiola Carreira Pereiro
  •  Dª. Paula Serantes Posse
  •  Dª. Miriam Búa Lores
  •  Dª. María Jesús Osorio Fariñas
  •  Dª. Eva Caminero Tejedo
  •  Dª. Cecilia Prieto Viéitez.
  •  Dª. Natalia Sisto Caserto
  • Dª. Guadalupe Millán Barreiro
  •  Dª Yolanda López Garabatos
  •  D. Manuel Regueira Pereira
  •  Dª. Alicia Parada López
  •  Dª Rocio Nuñez Rúa
  •  Dª Miriam Portela Covelo
  •  Dª Adriana Fernández Silva
  •  Dª Uxía López Lima
  •  D. Jaime Bello González
  •  Dª Zaida Martínez Cores
  •  Dª Emma Alvarez Pérez
  •  Dª Raquel Riveiro Tobío

EXCLUÍDOS/AS:
Ningún

2.Designar aos compoñentes do Tribunal Cualificador:
Presidenta: Dª Mª José Casal Gil (Técnica coordinadora de Servizos Sociais)
Vogal: Dª Iria Camba Rey (Coordinadora de Benestar Social do Concello de Vilagarcía de Arousa)
Secretario: D. Miguel Rodríguez de Vicente – Tutor (Secretario Xeral)
Persoal Asesor: Dª Begoña Domínguez Sartal (Traballadora Social) (Con voz e sen voto)

3.Convocar aos/ás aspirantes para a realización da proba práctica para o vindeiro luns 22 de xuño de 2020 ás 12:00 horas no Pavillón Polideportivo do Pombal (Rúa Pombal, 36630 Cambados).
Os/as aspirantes deberán dispoñer do seu documento de identificación persoal e de bolígrafo para a realización da proba.
De igual maneira, e de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias e a Orde SND/422/2020 do 19 de maio pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de mascarilla durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os/as aspirantes/as deberán vir provistos de mascarilla para a realización da proba.

4.Ordenar a publicación da presente Resolución no Taboleiro de Edictos do Concello.

Lista de admitidos_as e excluídos_as, designación de Tribunal Cualificador