DATOS DA CONVOCATORIA
Tipo Convocatoria: Extraordinaria
Motivo: «Solicitude de celebración de Pleno Extraordinario por parte dunha cuarta parte do número legal de membros da Corporación»
Data e hora 1ª convocatoria: 21 de maio de 2020 ás 21:00, 2ª convocatoria: 25 de maio de 2020 ás 21:00
Lugar PARTICIPACIÓN A DISTANCIA
Admite participación a distancia, podendo conectar mediante: «A través da Sede Electrónica da entidade na dirección https://cambados.sedelectronica.gal» Que se realicen os trámites legais oportunos para levar a cabo a convocatoria e notificación aos membros deste órgano colexiado.
Que se fixe a seguinte orde do día:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
1. Expediente 1538/2020. Declaración institucional e medidas relacionadas coa crise sanitaria do Covid-19
DECRETO 2020-0535 [Decreto da convocatoria]
INFORME DE SECRETARÍA
Expediente 1538/2020Asunto: Solicitude do grupo municipal do Partido Popular para a adopción de medidas sociais e económicas en relación á crise do Covid-19
LEXISLACIÓN APLICABLE
-Lei 7/1985 do 2 de abril de bases de réxime local
-Lei 5/1997 do 22 de xullo de administración local de Galicia-Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro de organización, funcionamento, e réxime xurídico das entidades locais
-Regulamento Orgánico do Concello de Cambados
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
O artigo 46 da Lei 7/1985 do 2 de abril determina que, “O Pleno celebra sesión extraordinaria cando así o decida o Presidente o solicite a carta parte, a lo menos, do número legal de membros da Corporación, sen que ningún concelleiro poida solicitar máis de tres anualmente. Neste último caso, a celebración do mesmo non poderá demorarse por máis de quince días hábiles desde que fora solicitada, non puidendo incorporarse o asunto á orde do día dun Pleno ordinario ou doutro extraordinario con máis asuntos se non o autorizan expresamente os solicitantes da convocatoria .”.
O Regulamento Orgánico do Concello de Cambados remite para a convocatoria e celebración das sesións ao cumprimento dos prazos establecidos no artigo 210 da Lei 5/1997 do 22 de xullo de administración local de Galicia (catro días para convocar e un mes para celebrar a sesión correspondente ). Non obstante considérase que a citada regulación estaría tácitamente derogada pola do artigo 46 da Lei 7/1985 do 2 de abril, na redacción que lle conferiu a Lei 11/1999 do 21 de abril, de modificación da Lei 7/1985 do 2 de abril reguladora das bases do réxime local que antes detallábamos (a celebración do mesmo non poderá demorarse por máis de quince días hábiles desde que fora solicitada).
Analizando os requisitos da convocatoria resulta de especial interese a STSJ de Madrid de 18.09.2014 que, en su FD 3º, precisa os requisitos que han de concorrir para dar trámite ás solicitudes de sesións extraordinarias e ás cales nos remitimos:
- A solicitude ha de facerse por escrito. Concorre este requisito ao constar escrito asinado por sete concelleiros e presentado polo Rexistro electrónico da entidade cumpríndose o número esixido polo precepto e ao non constar a superación dos límites que nel se establecen .
- A solicitude debe estar motivada. Cumpre
- A solicitude debe estar secundada a lo menos por unha cuarta parte do número legal de membros da Corporación. Cumpre
- A petición ha de estar firmada personalmente por todos os que a suscriben. Estas firmas han de ser lexibles, e cando no sexa así, deberá pedirse a súa autenticación ante o Secretario da Corporación. (STS de 12 de febrero de 1990). Cumpre
- O asunto sobre o que se propón deliberar e decidir na sesión extraordinaria debe ser competencia do Pleno. Se ben no art. 78 del no se menciona expresamente este requisito, se deduce da delimitación de competencias de cada órgano recollida na lexislación de réxime local. Ademáis o art. 62.1. b) da Lei 30/1992 (LA LEY 3279/1992) declara actos nulos de pleno derecho «os dictados por órgano manifiestamente incompetente por razón de la materia». Con posterioridade se aborda esta cuestión.6.A petición debe conter unha «proposta de acordo» para o asunto o asuntos cuxo debate se solicita (a precitada Sentencia do Tribunal Superior de Xusticia de Castilla e León núm. 157, de fecha 29 de abril de 1997 non contempla esta esixencia). Proposta que será dictaminada pola Comisión Informativa correspondente (salvo en casos de urgencia), segúndo se desprende do artículo 82.2 del ROF (LA LEY 2574/1986), comenzando a sesión plenaria coa lectura do dictame ou proposición (art. 93 del ROF (LA LEY 2574/1986)). Constan propostas de acordo .Os asinantes plantean que “O concello de Cambados aprobará e implantará, a través dos correspondentes órganos competentes, e con respeto á legalidade vixente as seguintes medidas…”
Débese ter en conta que o artigo 164.1 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro define ao expediente “como o conxunto ordeado de documentos y actuaciones que sirven de antecedente y fundamento a la resolución administrativa, así como las diligencias encaminadas a ejecutarla.”.As medidas que se propoñen poderán levarse a cabo sempre e cando se tramite un expediente no que consten os informes que garantan a súa legalidade acadándose a súa resolución definitiva por parte do órgano que teña atribuída a competencia, en cada caso.A xuízo deste informante o que se está a plantear é a adopción dunha proposta de actuación instando iniciar os expedientes por parte dos órganos de goberno municipal competentes e de acordo cos trámites legais que sexan de aplicación por parte dun grupo político municipal.
Esta é unha previsión que encaixa na definición que fai o artigo 97.6 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro para os rogos considerados como a “formulación dunha proposta de actuación dirixida a alguns dos órganos de goberno municipal. Os rogos formulados no seno do Pleno poderán ser debatidos, pero en ningún caso sometidos a votación”.
O certo é que resulta habitual a presentación de mocións no seno das sesións plenarias instándose a outros órganos de goberno municipal ou a outras Administracións Públicas para a adopción de acordos do mais variado e que non sempre resultan de competencia do Pleno poñendo de manifesto, en última instancia, o dereito de participación nos asuntos públicos que garante o artigo 23 da Constitución Española para os concelleiros/as.
Non se pode determinar de forma precisa se as propostas de acordo (planteadas de forma xenérica polos asinantes) correspondan ao Alcalde ou ao Pleno o que si é claro e que a súa plasmación debería levarse a cabo, no seu caso, a través do expediente correspondente no que se determine o órgano competente para a súa adopción, se garanta a concorrencia da competencia municipal en cada caso e as repercusións económicas que puideran aparellar para a Facenda Municipal co informe de fiscalización da Intervención Municipal e coa instrucción do expediente correspondente.
O artigo 21 e 22 da Lei 7/1985 do 2 de abril establece unha distribución de competencias entre o Alcalde e o Pleno.
Cada órgano ten as súas atribucións dentro do ámbito e non poderá exercer as propias doutro órgano municipal so pena de incorrer os acordos que se adopten en nulidade de pleno dereito por falta de competencia de acordo co artigo 47.1 b) da Lei 39/2015 do 1 de outubro.
En resumidas contas, o Pleno si poderá instar , pero non vincular, a outro órgano municipal para a adopción de acordos en materias que non sexan da súa competencia tendo en conta que os acordos que se adopten nese sentido poderían adolecer de nulidade de pleno dereito da mesma maneira que o Alcalde non pode resolver sobre materias que competen ao Pleno.De igual maneira a previsión de que “O seguimento e a verificación do cumprimento das anteriores medidas incluirase como un punto específico da orde do día das vindeiras sesión plenarias desta Corporación municipal” constitúe cuestión reservada á Alcaldía polo artigo 82.1 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro que determina que, “A orde do día das sesións será fixado polo Alcalde ou Presidente asistido da Secretaría. Asimesmo, poderá recabar a asistencia dos miembros da Comisión de Goberno e, onde ésta non exista, dos Tenentes de Alcalde, e consultar se o estima oportuno aos portavoces dos grupos existentes na Corporación.”
3)En canto a forma de celelebración da sesión municipal debemos ter en conta a situación declarada polo Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 que veu a adoptar unha serie de medidas de liberdade de circulación das persoas que se veu desenvolvida por unha profusa normativa sanitaria que ven recomendar o distanciamento das persoas en aras de evitar a propagación da pandemia.
Neste contexto o Real Decreto Lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19 (BOE de 01.04.2020), modifica a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, engadindo un parágrafo máis ao seu artigo 46 que habilita a celebración das sesións de órganos colexiados das entidades locais a distancia e por medios electrónicos e telemáticos, cando concorran situacións excepcionais de forza maior, grave risco colectivo ou catástrofes públicas que impidan o normal funcionamento do réxime presencial daquelas sesións.
Pois ben, mediante Resolución da Alcaldía do 21.04.2020 resolveuse alzar a suspensión da celebración dos órganos colexiados municipais (Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións Informativas) e dispoñendo a súa celebración de forma telemática e a distancia en tanto concorra esta situación de excepcionalidade.
Tendo en conta a actual situación de crise sanitaria e a implantación na plataforma de xestión de expedientes da aplicación correspondente, considérase que é posible celebrar a sesión a distancia e mediante videoconferencia cos requisitos determinados polo artigo 46.3 da Lei 7/1985 do 2 de abril debéndose garantir a súa publicidade a través de medios de difusión xeral. Por todo o exposto cabe emitir a seguinte,
CONCLUSIÓN:
A xuízo deste informante procede convocar a sesión do Pleno que non poderá demorarse por máis de quince días hábiles desde a solicitude dos convocantes, poñendo de manifesto todas as consideracións xurídicas que anteceden, e co obxecto de dar amparo ao dereito de participación nos asuntos públicos que asiste aos solicitantes en virtude do artigo 23 da Constitución Española.
Se a Alcaldía non convocase o Pleno extraordinario solicitado polo número de concelleiros indicados dentro do prazo sinalado, quedará automáticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ao da finalización de dito prazo, ás doce horas, o que será notificado polo Secretario da Corporación a todos os membros da misma ao día seguinte da finalización do prazo citado anteriormente. En ausencia da Alcaldía ou de quen legalmente haya de sustituirlle, o Pleno quedará válidamente constituido sempre que concorra o quórum requirido na letra c) deste precepto, en cuxo caso será presidido polo membro da Corporación de maior idade entre os presentes.