PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2020 – DELEGACIÓNS ATRIBUCIÓNS E NOMEAMENTO CONCELLEIRO DELEGADO (FERNANDO PATRICIO)

MAIO 2020 – DELEGACIÓNS ATRIBUCIÓNS E NOMEAMENTO CONCELLEIRO DELEGADO (FERNANDO PATRICIO)

Expediente 2813/2019

Resolución da Alcaldía Nº 2020-0458 do 22/04/2020

Delegación de atribucións da Alcaldía e nomeamento de Concelleiro Delegado

Mediante Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019) adoptouse acordo de delegación de atribucións da Alcaldía e nomeamento de Concelleiros/as Delegados/as.

Mediante Resolución da Alcaldía do 12.11.2019 (BOP nº 239 de 13.12.2019) reorganizáronse as áreas de goberno municipal.

Tendo en conta a renuncia da concelleira Dª Carolina Aragunde Laya da que tomou coñecemento o Pleno en data de 30.01.2020 e a toma de posesión do concelleiro D. Fernando Patricio Rey na sesión plenaria do pasado 12.03.2020

Considerando preciso redefinir as delegacións de atribucións procede emitir Resolución en atención á motivación exposta.

Visto o artigo 43.3 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro que establece,

“O Alcalde pode delegar o exercicio de determinadas atribucións nos membros da Comisión de Goberno, e, onde ésta non exista, nos Tenentes de Alcalde, sen prexuízo das delegacións especiais que, para cometidos específicos, poida realizar en favor de calesquera Concelleiros, aínda que non perteneceran a aquela Comisión.”

Visto o artigo 43.5 b) do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro que establece,

“As delegacións especiais poderán ser de tres tipos:

(…)

b) Relativas a un determinado servizo. Neste caso a delegación comprenderá a dirección interna e a xestión dos servizos correspondentes, pero non poderá incluir a facultad de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

(…)”

En uso das miñas atribucións, e ao amparo dos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e dos artigos 114 a 121 e 43 e 44 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro,

RESOLVO:

1. Confír a seguinte delegación especial en favor do concelleiro delegado que se indica co alcance e efectos determinados na Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019), baixo a supervisión do Concelleiro Delegado de Cultura, Festexos, Normalización Lingüística, Sanidade, Terceira Idade, Mobilidade e Seguridade Cidadá.

Concelleiro Delegado: D. Fernando Patricio Rey

Servizos Delegados: Comercio, Promoción Económica, Servizos Sociais e Infancia

A delegación comprenderá a dirección interna e a xestión dos servizos correspondentes, pero non inclúe a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros que corresponderá ao Concelleiro con delegación xenérica.

A Alcaldía resérvase o exercizo das atribucións que non se delegan mantendo todas aquelas que se consideran indelegables por parte do artigo 21.3 da Lei 7/1985 do 2 de abril.

De acordo co artigo 115 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro a Alcaldía conservará as seguintes facultades en relación coa competencia delegada:

a) A de recibir información detallada da xestión da competencia delegada e dos actos ou disposicións emanados en virtud da delegación.

b) A de ser informada previamente á adopción de decisións de trascendencia.

A Alcaldesa, en calquera momento, poderá asumir as atribucións delegadas por esta resolución, sen prexuízo de poder avogar en calquera momento as competencias delegadas con arranxo á lexislación vixente sobre procedemento administrativo común.

O Concelleiro delegada non poderá delegar nun terceiro as atribucións que lle conferiu a Alcaldía.

3. Notificar este decreto ao interesado, facéndolle saber que a delegación se entenderá aceptada tácitamente se no termo de tres días hábiles contados desde a súa notificación, non fan manifestación expresa ante o órgano delegante, da súa non aceptación.

DOCUMENTO ASINADO E DATADO ELECTRÓNICAMENTE