PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2020 – LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDO/AS PROCESO SELECTIVO

MARZO 2020 – LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDO/AS PROCESO SELECTIVO

Mediante Resolución da Deputación Provincial de Pontevedra de 12.07.2019 seleccionouse ao Concello de Cambados como entidade colaboradora no programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O teu Primeiro Emprego”.

Mediante Resolución da Alcaldía do 03.03.2020 aprobáronse as Bases para a contratación dun/nha (1) traballador/a (Mestre, especialidade en Educación Primaria / Grao en Educación Primaria) en réxime laboral temporal, a tempo completo, e na modalidade de contrato de traballo en prácticas de conformidade co establecido no artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores

Consta a realización da solicitude de oferta a Oficina de Emprego de Cambados con data de 03.03.2020.

Consta preselección realizada pola Oficina de Emprego na que figuran as seguintes aspirantes,
-Dª Leticia Carballa Vázquez.
-Dª Pilar Vaamonde Maneiro.

Na súa consecuencia, e de conformidade coa Base Terceira, unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

1.Aprobar a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo,

ADMITIDAS:

Dª Leticia Carballa Vázquez.
Dª Pilar Vaamonde Maneiro.

EXCLUÍDAS:
Dª Fátima Lago Romero.
Dª Eva Matínez Rey.

Resolución Lista provisional admitidos e excluidos Mestre, especialidade en Educación Primaria _ Grao en Educación Primaria