PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2020 – ANUNCIO OFERTA EMPREGO PUBLICO “O TEU PRIMEIRO EMPREGO”

MARZO 2020 – ANUNCIO OFERTA EMPREGO PUBLICO “O TEU PRIMEIRO EMPREGO”

Mediante Resolución da Alcaldía do 03 de marzo de 2020 aprobáronse as Bases para a contratación dun traballador/a para o posto de Mestre, especialidade en Educación Primaria / Grao en Educación Primaria) en réxime laboral temporal, a tempo completo, e na modalidade de contrato de traballo en prácticas de conformidade co establecido no artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

En cumprimento das Bases Reguladoras do proceso selectivo establécese un prazo de TRES DIAS NATURAIS para aportar a solicitude de participación e a documentación xustificativa dos méritos alegados, que se contarán desde o día seguinte á publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello (ata o 06.03.2020).

Entre os requisitos de admisión está o de ser demandante de emprego desempregado ou co cartón de mellora de emprego, inscrito no Servizo Público de Emprego e cumprir cos requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas de acordo coas Bases aprobadas pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e atoparse nas listas remitidas pola Oficina de Emprego, unha vez que o Concello de Cambados lle trasladou a correspondente oferta de acordo co artigo 14 das Bases do Programa de Fomento da Empregabilidade na Provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego”.

As bases atópanse a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello e no Taboleiro de Edictos do Concello ubicado na sede electrónica da entidade.

Bases de convocatoria_Bases seleccion posto de Mestre na modalidade de contrato de traballo en prácticas