PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBRERIO 2020 – OFERTA DE EMPREGO PUBLICO DE SELECCIÓN INTERINA DE POSTOS DE EDUCADOR/A SOCIAL

FEBRERIO 2020 – OFERTA DE EMPREGO PUBLICO DE SELECCIÓN INTERINA DE POSTOS DE EDUCADOR/A SOCIAL

CONFIGURACIÓN LISTA DE RESERVA PARA SELECCIÓN INTERINA DE POSTOS DE EDUCADOR/A SOCIAL

ANUNCIO

Mediante Resolución da Alcaldía deste Concello aprobáronse as bases para a configuración dunha lista de reserva para a selección interina de postos de Educador/a Social.
O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As bases póñense a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello de Cambados e no Taboleiro de Anuncios ubicado na sede electrónica da entidade

OBXECTO DA CONVOCATORIA

Será a formación dunha lista de reserva para o nomeamento temporal de funcionarios interinos integrados na escala de Administración especial; subescala técnica (Grupo “A”; Subgrupo “A2”); posto de Educador/a Social (na relación de postos de traballo do Concello de Cambados Educador/a Familiar), cando concorran os supostos establecidos no artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en adiante Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro) que se detallan:

a)A existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira.

b)A substitución transitoria dos titulares.

c)A execución de programas de carácter temporal, que non poderá ser superior a tres anos, ampliables ata doce meses máis se o xustificara a duración do correspondente programa.

d)O exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses.

Cando se trate da substitución transitoria dos titulares dos postos os aspirantes que figuren na lista de reserva poderán ser nomeadas funcionarias interinas se o/a titular substituído/a ostenta vínculo funcionarial coa Administración, ou ben formalizarse contratos laborais de interinidade por substitución, se o/a titular substituído/a ostenta a condición de persoal laboral.

Bases Lista de Reserva Educadora Social