Tendo que ausentarme da localidade os días 23 e 24 de xaneiro, sustituirame durante a miña ausencia, actuando como Alcalde accidental, o Primeiro Tenente de Alcalde D. Constantino Cordal Rodríguez.
Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, polo presente
RESOLVO
1º.—Nomear Alcalde accidental ao Primeiro Tenente de Alcalde D. Constantino Cordal Rodríguez, os días 23 e 24 de xaneiro, que desempeñará as funcións da Alcaldía nesas datas.
2º.—Dar conta do presente decreto ao interesado, aos Xefes de Servizo do Concello de Cambados e aos Portavoces dos grupos municipais do P.P., do B.N.G. e de Cambados Pode, para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, e ordear a súa publicacion no B.O.P.