PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2020 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN DA R.P.T.

XANEIRO 2020 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN DA R.P.T.

APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN DA R.P.T.

ANUNCIO

Asunto: Elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial de modificación da relación de postos de traballo

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 28.11.2019, aprobou inicialmente a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Cambados.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 239, do 13 de decembro, publicouse anuncio de exposición ao público do expediente, non presentándose reclamacións durante o prazo conferido ao efecto (20 días hábiles) polo que se entende elevada a definitiva a aprobación inicial entrando en vigor logo da presente publicación de conformidade co establecido no artigo 202 da Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia.

Así mesmo procederase a publicar anuncio na sede electrónica do Concello (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0) desta modificación.

Procédese á publicación do Anexo, no que se recolle íntegramente a RPT do Concello de Cambados

2555.png

2617.png

2623.png

2632.png

2740.png

2747.png

OBSERVACIÓNS

Retribucións complementarias dos postos (Complemento Específico e Complemento de Destino –nivel-).-

• As fixación da contía do Complemento Específico e do nivel de Complemento de Destino dos postos do Catálogo realízase, en todo caso, sen prexuízo do obrigado respecto que, por previsión normativa (vid. artigo 71.1 da Lei 4/2007, de 20 de abril), se deba realizar das retribucións básicas e complementarias fixas e periódicas que viñesen percibindo os membros da Policía Local con anterioridade ao pase á segunda actividade e, polo tanto, con carácter previo a ser adscritos aos mesmos.

Forma de provisión.-

• S.A.- Cobertura do postos segundo o sistema específico previsto, para os supostos de pase á SEGUNDA ACTIVIDADE (“S.A.”) dos membros da Policía Local, e con arranxo ao regulado, na actualidade, polo artigo 69 da Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia (ou, de ser o caso, por calquera outra previsión normativa que, en cada momento e ao respecto, resulte aplicable).

RECURSOS PROCEDENTES

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN ante o Pleno no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da súa publicación, ó abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Adminstrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación, consonte ó disposto nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar

no prazo dun mes segundo establece o artigo 124-2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte ao establecido no artigo 46-1) e 4) da Lei 29/1998, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a Dereito.