PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2020 – APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL

XANEIRO 2020 – APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL

APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL

ANUNCIO

Asunto: Elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial de modificación do cadro de persoal

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 28.11.2019, aprobou inicialmente a modificación do cadro de persoal do Concello de Cambados.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 239, do 13 de decembro, publicouse anuncio de exposición ao público do expediente, non presentándose reclamacións durante o prazo conferido ao efecto (15 días hábiles) polo que se entende elevada a definitiva a aprobación inicial, entrando en vigor logo da presente publicación de conformidade co establecido no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 demarzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Así mesmo procederase á publicar anuncio na sede electrónica do Concello (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0) desta modificación.

Procédese á publicación do Cadro de Persoal modificado:

1110.png

1192.png

1199.png

1214.png

1289.png

1303.png

RECURSOS PROCEDENTES

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN ante o Pleno no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da súa publicación, ó abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Adminstrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación, consonte ó disposto nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124-2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte ao establecido no artigo 46-1) e 4) da Lei 29/1998, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a Dereito.