PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2020 – APROBACIÓN PADRÓN DE AUGA 2019-4T

XANEIRO 2020 – APROBACIÓN PADRÓN DE AUGA 2019-4T

SERVICIO MUNICIPAL DE AUGA VIAQUA, S.A.U.

ANUNCIO

Asunto: Aprobación Padrón Taxa de auga potable, canon da auga e coeficiente de vertedura, 4º trimestre 2019

Confeccionado o Padrón da Taxa de auga potable, canon da auga e coeficiente de vertedura por Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., correspondente o 4º trimestre do ano 2019 e aprobado polo DECRETO 2020/0045 de 16/01/2020.

Expóñese ao público o referido Padrón durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP para que poida ser examinado polos/as contribuíntes ou interesados nas oficinas Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. en días hábiles durante as horas de oficina e poidan facer as reclamacións que consideren oportunas, elevándose a definitivo con resolución das mesmas se as houbese.

Asemade faise saber que, sen prexuízo das reclamacións que se poidan presentar contra o citado Padrón, o prazo de ingreso en período voluntario das citadas taxas, será de sesenta días dende a súa aprobación e publicación no B.O.P.

Advertencia: Rematado o período voluntario de ingreso, os recibos non pagados esixiranse pola vía administrativa de prema, coas recargas e xuros correspondentes, consonte co establecido nos artigos 161 da Lei xeral tributaria e 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación.(R.D. 939/2005,de 29 de xullo). Ademais, no caso do canon da auga e do coeficiente de vertedura advírtese ao contribuínte de que a falta de pagamento no período voluntario sinalado suporá a esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia

Contra a aprobación do Padrón só poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao do remate do período de exposición pública do referido Padrón (art. 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Facendas Locais). De igual modo, a repercusión do canon da auga e o coeficiente de vertedura, poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende a súa publicación no BOP.

Cambados, a 17 de xaneiro de 2020