Tendo que ausentarme da localidade do día 23 ao 29 de decembro, inclusive, substituirame durante a miña ausencia, actuando como alcalde accidental, o primeiro tenente de alcalde Constantino Cordal Rodríguez.
Na súa consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, polo presente
RESOLVO
1º Nomear alcalde accidental ao primeiro tenente de alcalde Constantino Cordal Rodríguez, do día 23 ao 29 de decembro, inclusive, que desempeñará as funcións da Alcaldía nesas datas.
2º Dar conta do presente decreto ao interesado, aos Xefes de Servizo do Concello de Cambados e aos Portavoces dos grupos municipais do P.P., do B.N.G. e de Cambados Pode, para o seu coñecemento e ós oportunos efectos, e ordenar a súa publicación no B.O.P.