PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2020 – DILIXENCIA DE APERTURA DOS SOBRES ÚNICOS DAS EMPRESAS QUE TOMARON PARTE NO PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DOS PAVIMENTOS EXTERIORES DA GARDERÍA MUNICIPAL

XANEIRO 2020 – DILIXENCIA DE APERTURA DOS SOBRES ÚNICOS DAS EMPRESAS QUE TOMARON PARTE NO PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DOS PAVIMENTOS EXTERIORES DA GARDERÍA MUNICIPAL

Proxecto de renovación e mellora dos Patios dianteiro e posterior da Gardería Municipal de Cambados, cun investimento de 35.687,00€ que vai ser financiado integramente con cargo aos fondos do Plan Concellos 2019.

Estas melloras foron demandas polos membros da comunidade educativa e os responsables da xestión do centro en varias reunións. Tratase dunha demanda que xa levaban solicitando dende hai meses dende a dirección do centro, debido ao desgaste padecido nos patios das instalacións municipais que acollen a 142 nenos de ata tres anos de idade, e que unha vez que se conseguiu poder incluíla dentro das proxectos financiados polo Plan Concellos 2019,  que se prevé que se realicen no prazo de execución das reformas, que esta previsto nun mes de duración.

Reforma dos Patios dianteiro e posterior

As reformas previstas no patio dianteiro van supoñer a instalación de 130 metros cadrados de lousas de caucho das mesmas características que actualmente dispoñen na parte máis próxima ao edificio da gardería, cubrindo desta forma toda a superficie do patio.

No patio posterior vaise levantar o acabado existente que ten e que se atopa deteriorado polo uso e vai ser substituído polas mesmas lousas de caucho que existen no patio dianteiro nun total de 340 metros cadrados, xunto con estes traballos, tamén se vai pintar os balos exteriores do patio en cores claros e instalar un placa de aluminio micro perforada cunha superficie total de 80 metros cadrados, no balado de peche para que o arrastre dos terreos colíndantes e máis altos rematen no chan deste balado do patio posterior.

Valoranse como moi importante e positiva esta reforma da Gardería Municipal por que están a continuar co camiño de priorizar naquelas actuacións que melloren a seguridade e o benestar dos nenos, xa que esta inversión van supoñer arranxos e reformas imprescindibles para a gardería que precisaban despois de varias lexislaturas de recortes en inversións sociais. Os traballos que se van realizar nos patios, non deixan de ser un recurso didáctico importante para o desenvolvemento da psicomotricidade e das actividades de exteriores que se fan cos nenos e as nenas. En concreto, estanse eliminado os defectos que presentaba o pavimento e utilizando cores e materiais que permitan desenvolver distintas actividades. Desta maneira, a intervención cumpre cun dos compromisos que a Concellaría de Servizos Sociais adquiriu coa comunidade educativa da Gardería Municipal de Cambados.

No enlace que se xunta poderán descargar a Dilixencia de apertura dos sobres únicos das empresas participantes na licitación do contrato menor das obras de “MELLORA DE PAVIMENTOS EXTERIORES NA GARDERÍA MUNICIPAL“.

DILIXENCIA APERTURA SOBRES ÚNICOS DAS OBRAS MELLORA PAVIMENTOS PATIOS EXTERIORES GARDERÍA MUNICIPAL

 

Tipo de contrato: OBRAS
Obxecto do contrato: MELLORA DE PAVIMENTOS DE PATIOS EXTERIORES DA GARDERÍA
Procedemento de contratación: Contrato menor.   Tipo de Tramitación: ordinaria
Código CPV: 45432111-5 Colocación de pavimentos flexibles  45442100-8 Traballos de pintura
Prezo estimado do contrato: 29.493,39 € IVE:  6.193,61 €
Presuposto base de licitación:  35.687,00 €
Duración:  1 MES

 

Rematado o pasado día 03/01/2020, o prazo de  presentación das ofertas para tomar parte no procedemento de licitación do contrato menor das obras de “MELLORA DOS PATIOS EXTERIORES DA GARDERÍA MUNICIPAL (Expte. contratación nº 6017/2019), financiadas pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2019, reúnense o día 7 de xaneiro de 2020, na Oficina do Servizo de Contratación, as dez horas e trinta e oito minutos, o arquitecto técnico municipal, D. Pelayo Eyo Valladares e a funcionaria do Servizo de Contratación, Dª Mar Mondragón Treviño, co obxecto de proceder a aperturar os sobres únicos das empresas que toman parte no mencionado procedemento.

 

1º.- SILEX.- REXISTRO DE OFERTAS E  COMPROBACIÓN  DA INSCRICIÓN DAS EMPRESAS NO REXISTRO OFICIAL DE LICITADORES E EMPRESAS CLASIFICADAS DO ESTADO / REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA CC.AA. DE GALICIA

 

1.1.- SILEX. REXISTRO DE OFERTAS. Procédese seguidamente a comprobar no Rexistro de ofertas do SILEX, que empresas toman parte no mencionado procedemento de contratación, a través do Sistema de Licitación Electrónico da Xunta de Galicia (SILEX), constando as seguintes:

 

1 ENDENOR MANTENIMIENTO Y SERVICIOS, S.L. 20/12/2019_09:35 CCSC0E2019010233
2 GLOBALIA URBANISMO INTEGRAL, S.L. 02/01/2020_14:12 CCSC0E2020000017
Quedan unidos ao expediente de contratación 6017/2019 os xustificantes de presentación de ofertas expedidos polo SILEX.

 

1.2.- SILEX. COMPROBACIÓN DA INSCRICIÓN DAS EMPRESAS NO REXISTRO OFICIAL DE LICITADORES E EMPRESAS CLASIFICADAS DO SECTOR PÚBLICO / REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS DA CC.AA. DE GALICIA. Compróbase seguidamente a inscrición ou non das empresas:

 

1 ENDENOR MANTENIMIENTO Y SERVICIOS, S.L. Inscrita
2 GLOBALIA URBANISMO INTEGRAL, S.L. Inscrita
Comprobada inscrición. As certificacións dos Rexistro Xerais de Contratistas únense ao Expte. Contratación 6017/2019

 

2º.- SILEX.- APERTURA DA DOCUMENTACIÓN.

 

2.1.- COMPROBACIÓN DA PRESENTACIÓN DAS DECLARACIÓNS RESPONSABLES ANEXO I. Procédese seguidamente a comprobar no SILEX, a constancia das declaracións responsables (ANEXO I) presentadas polas empresas:

 

 

1 ENDENOR MANTENIMIENTO Y SERVICIOS, S.L. Consta
2 GLOBALIA URBANISMO INTEGRAL, S.L. Consta.
Comprobada constancia. As declaracións responsables quedan unidas ao Expte. Contratación 6017/2019.

 

2.2.- APERTURA DAS OFERTAS PRESENTADAS

  Prezo estimado IVE

Orzamento

licitación

 
  29.493,39 6.193,61 35.687,00  
EMPRESAS OFERTANTES

Prezo

 

IVE

Prezo  total

ofertado

Baixa

ofertada

1 ENDENOR MANTENIMIENTO Y SERVICIOS S.L. 28.990,00 6.087,90 35.077,90 609,10
2 GLOBALIA URBANISMO INTEGRAL, S.L. 23.359,28 4.905,45 28.264,73 7.422,27

 

Rematada a apertura e á vista das ofertas presentadas, considérase a máis vantaxosa a formulada pola empresa “GLOBALIA URBANISMO INTEGRAL, S.L.”, polo prezo de 28.264,73 € (Ive engadido), cunha baixa de 7.422,27 € sobre o prezo de licitación, dándoselle traslado ao órgano de contratación para a súa adxudicación, se procede, previo informe da intervención municipal,  co fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 118.3, aos efectos de determinar si os contratistas que toman parte no presente procedemento subscribiron máis contratos menores que, individual ou conxuntamente, superan o valor estimado inferior a 40.000 € para os contratos de obras, establecido no artigo 118.1 para poder resultar adxudicatario do contrato

 

Rematado o trámite de apertura, ás once horas e oito minutos, esténdese a presente dilixencia, que asinan electronicamente as persoas relacionadas no encabezamento, en Cambados.

Cambados, 7 de xaneiro de 2020.