PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2019 – COBRANZA PADRÓN P.P. SERVIZO AXUDA NO FOGAR OUTUBRO 2019

DECEMBRO 2019 – COBRANZA PADRÓN P.P. SERVIZO AXUDA NO FOGAR OUTUBRO 2019

COBRANZA PADRÓN P.P. SERVIZO AXUDA NO FOGAR OUTUBRO 2019

EDICTO

Anuncio de cobranza en Período Voluntario

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a PREZO PUBLICO SERVIZO AXUDA NO FOGAR correspondentes a Remesa: SAF OUTUBRO 2019 o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 20 de Decembro de 2019 ata o 21 de Febreiro de 2020, procederase ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento

a) Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades bancarias:

ABANCA

CAIXABANK

BANCO SABADELL

b) Domiciliación bancaria: O cargo en conta efectuarase durante a segunda semana do mes de Xaneiro de 2020.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción dos recargos correspondentes e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.