PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2019 – NOMEAMENTO INTEGRANTE XUNTA GOBERNO LOCAL E TENENTE DE ALCALDE

DECEMBRO 2019 – NOMEAMENTO INTEGRANTE XUNTA GOBERNO LOCAL E TENENTE DE ALCALDE

ANUNCIO

Expediente 2813/2019

Resolución da Alcaldía nº 2019-1386 DO 12/11/2019

Nomeamento de nova integrante da Xunta de Goberno Local e de Tenente de Alcalde

Mediante Resolución da Alcaldía do 08.11.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019) nomeáronse Tenentes de Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local.

O artigo 52.1 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro establece que a Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde, que a preside, e os Concelleiros nomeados libremente por el como membros da mesma.

O artigo 52.2 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro determina que o número de Concelleiros aos que o Alcalde pode nomear membros da Xunta de Goberno Local, non poderá ser superior ao tercio do número legal de membros da Corporación. Aos efectos do cómputo non se terán en conta os decimais que resulten de dividir por tres o número total de concelleiros.

Tendo en conta o anterior a Xunta de Goberno Local do Concello de Cambados pode estar integrada pola Alcaldesa, que a preside, e cinco concelleiros/as existindo un posto vacante na actualidade.

En uso das atribucións que me confiren os artigos 21.2 e 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases do réxime local; os artigos 61.2 e 62.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia e 46.1 e 52 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, RESOLVO:

1. Nomear á concelleira Dª Carolina Aragunde Laya como nova integrante da Xunta de Goberno Local quedando conformada polos seguintes membros e co mesmo réxime de funcionamento e delegacións determinadas pola Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019).

D. Constantino Cordal Rodríguez

D. Samuel Lago Ozón

D. Xurxo Charlín Trigo

Dª Mª Cruz Leiro Peña

Dª Carolina Aragunde Laya

2. Nomear quinta tenente de alcalde a Dª Carolina Aragunde Laya coas funcións que a este cargo atribúen os artigos 23.3 da Lei 7/1985 de 2 de abril, 65 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de administración local de Galicia e 47 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro

3. Do presente decreto darase conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, publicarase no Boletín Oficial da provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte á súa sinatura.