PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2019 – DELEGACION ALCALDIA

DECEMBRO 2019 – DELEGACION ALCALDIA

DELEGACIÓN ATRIBUCIÓNS DA ALCALDÍA E NOMEAMENTO DE CONCELLEIRO DELEGADO

Expediente 2813/2019

Resolución da Alcaldía n.º 2019-1384 do 12/11/2019

Delegación de atribucións da Alcaldía e nomeamento de Concelleiros/as Delegados/as

Mediante Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019) adoptouse acordo de delegación de atribucións da Alcaldía e nomeamento de Concelleiros/as Delegados/as.

Considerando preciso reorganizar as áreas de goberno en aras dunha mellor xestión municipal procede emitir Resolución modificando as anteriores delegacións.

En uso das miñas atribucións, e ao amparo dos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e dos artigos 114 a 121 e 43 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro, RESOLVO:

1. Establecer as seguintes áreas de goberno municipal atribuíndose delegación xenérica da Alcaldía en favor dos concelleiros/as que se nomean co alcance e efectos determinados na Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019).

• Cultura, Festexos, Normalización Lingüística, Sanidade, Terceira Idade, Mobilidade e Seguridade Cidadá

Concelleiro Delegado: D. Constantino Cordal Rodríguez

• Obras Públicas, Medio Rural, Servizos, Comunicación e Portavocía

Concelleiro Delegado: D. Samuel Lago Ozón

• Economía, Facenda, Industria, Urbanismo, Patrimonio e Novas Tecnoloxías

Concelleiro Delegado: D. Xurxo Charlín Trigo

• Deportes, Medio Ambiente, Réxime Interior e Persoal

Concelleira Delegada: Dª Mª Cruz Leiro Peña

• Comercio, Promoción Económica, Servizos Sociais e Infancia

Concelleira Delegada: Dª Carolina Aragunde Laya

2. Confír a seguinte delegación especial, en favor do concelleiro delegado que se indica co alcance e efectos determinados na Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019), baixo a supervisión da concelleira delegada de Deportes, Medio Ambiente e Réxime Interior.

• Xuventude, Turismo e Enoturismo

Concelleiro Delegado: D. David Mesías Fernández

A Alcaldía resérvase o exercicio das atribucións que non se delegan mantendo todas aquelas que se consideran indelegables por parte do artigo 21.3 da Lei 7/1985 do 2 de abril.

De acordo co artigo 115 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro a Alcaldía conservará as seguintes facultades en relación coa competencia delegada:

a) A de recibir información detallada da xestión da competencia delegada e dos actos ou disposicións emanados en virtude da delegación.

b) A de ser informada previamente á adopción de decisións de transcendencia.

A Alcaldesa, en calquera momento, poderá asumir as atribucións delegadas por esta resolución, sen prexuízo de poder avogar en calquera momento as competencias delegadas con arranxo á lexislación vixente sobre procedemento administrativo común.

Os/as concelleiros/as mencionados/as neste Decreto non poderán delegar nun terceiro as atribucións que lle conferiu a Alcaldía.

3. Notificar este decreto aos interesados/as, facéndolles saber que a delegación se entenderá aceptada tacitamente se no termo de tres días hábiles contados desde a súa notificación, non fan manifestación expresa ante o órgano delegante, da súa non aceptación.