PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2019 – APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA R.P.T.

DECEMBRO 2019 – APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA R.P.T.

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA R.P.T.

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cambados, en sesión celebrada o 28 de novembro de 2019 adoptou acordo de aprobación inicial da modificación da relación de postos de traballo.

En cumprimento do disposto no artigo 202 da Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia sométese a citada modificación a información pública por un periodo de vinte días contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no BOP e na taboleiro de edictos da sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal/info.0) para a presentación das reclamacións, suxestións ou alegacións que se estimen oportunas.

Para o suposto de non presentarse reclamacións, alegacións ou suxestións durante o dito trámite de información pública, a aprobación inicial quedará elevada a definitiva de forma automática.

Cambados