PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2019 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIROS

DECEMBRO 2019 – APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIROS

APROBACIÓN DEFINITIVA DE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIROS

Exp (4736/2019)

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 191, de data 4 de outubro de 2019, referinte ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 2019, sobre modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do servizo de Sumidoiros, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“PREÁMBULO

O Pleno do concello, no uso das facultades concedidas polos artigos 133 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e polos artigos 15 a 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acorda a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros

ARTIGO 5.—Cota tributaria

A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.

1236.png

1284.png

DISPOSICIÓN FINAL

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2020, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.

Cambados, 26 de novembro de 2019.