(Exp: 4690/2019)
Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 191, de data 4 de outubro de 2019, referinte ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 2019, sobre modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do servizo de Distribución de Auga, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:
“PREÁMBULO
O Pleno do concello, no uso das facultades concedidas polos artigos 133 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e polos artigos 15 a 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acorda a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de distribución de auga
ARTIGO 5.—Cota tributaria
A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.
DISPOSICIÓN FINAL
A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2020, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.
Cambados, a 26 de novembro de 2019.